O espirito e o selo do Sinsal tamén impregna o outono. O ciclo de actuacións para esta época do ano comeza este mércores 24 de outubro co recital que a profesora e concertista María del Mar Blanco Moreno ofrecerá na cámara semianecoica de Telecomunicacións en dúas sesións, 15:30 e 16:30. A cita, que será en colaboración coa Orquesta Clásica de Vigo, será unha experiencia única, escoitar a esta intérprete que, tanto no piano como no clave, como solidad ou formando parte de grupos de cámara, é unha virtuosa que tamén destaca no ámbito da música contemporánea.
É do teu interese: Consulta a programación completa do Sinsal Outono
A cámara semianecoica que albergará o concerto é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. Os músicos que até agora participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.
María del Mar Blanco Moreno, nacida en Madrid en 1981, é na actualidade profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Para poder participar como público, os interesados deben inscribirse no correo electrónico [email protected] co asunto "Sesión María del Mar Blanco Moreno". O recital é de balde, pero a capacidade da sala é moi limitada.
Castrelos inicia la cuenta atrás para el concierto de Chayanne en Vigo: el artista te enseña los pasos para bailar uno de sus hits
Este martes se celebra una visita guiada por la catedrática Marta Cendón para abordar "las huellas de 800 años de arte" en la Catedral de Tui
Nigrán inicia la semana en la que vibrará con las fiestas de su patrón: esto es todo lo que ofrecerá el concello de O Val Miñor
La Festa do Mar de Combarro anuncia su segundo concierto gratuito para este verano. Ficha a una de las "revelaciones" del pop español
El monoplaza de la UVigo empieza la temporada este domingo en el circuito Red Bull Ring de Spielberg. Compite contra más de 50 equipos
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL