A previsión de mal tempo para esta fin de semana axita as propostas culturais da fin de semana na área de Vigo. Nigrán xa comunicou a cancelación da dobre sesión que tiña previsto ofrecer Carlos Núñez en Monteferro. Ademais do municipio miñorano, o Concello de Moaña tamén anunciou o aprazamento da segunda xornada do Festival de Jazz -programada para mañá- e do Festival Son do Mar, fixado para este domingo.
O Concello de Moaña sinala nun comunicado que anunciará as novas datas destes dous eventos. As invitacións serán válidas para esta nova data, polo que se insta aos espectadores que garden os pases para gozar destas dos citas musicais que ían poñer banda sonora a un espazo como a Arboreda da Xunqueira. A concellería de Turismo e Promoción Económica que dirixe Coral Ríos aclara que si terá lugar na noite deste venres a primeira xornada do Festival de Jazz de Moaña, que contará cos concertos de Sumrrá (22:00) e Antón Iglesias Trío (23:00).
Moaña, adherido á campaña cultural “Non nos canceles” que xurdiu tras a emerxencia sanitaria do coronavirus, mantén a súa intención de encontrar nova localización aos dous eventos. A segunda xornada do Festival de Jazz de Moaña ía contar coas propostas de Wilfried Wilde Quintet e Nacho Pérez Trío.
Por outra banda, o Festival Son de Mar, o cartel estaba composto por Cé Orquesta Pantasma e Fiandola. O evento é unha das novidades da programación "Días de Mar" que deseñou a concellería de Turismo e Promoción Económica para este mes de agosto. Nesta primeira edición amosaba unha clara intención de ser unha cita musical para todas as idades coas actuacións de Cé Orquesta Pantasma e Fiandola.
Mos acoge una andaina nocturna llena de sustos y pruebas apta para los más valientes. Habrá chocolate caliente para reponer fuerzas
Vigo, una de las paradas del esperado regreso de Taburete, que llega a la ciudad para presentar su nuevo álbum, "El perro que fuma"
¿Sin planes para Halloween? Esta es la propuesta de un complejo de cabañas de Galicia para disfrutar la noche más terrórifica
La Porta do Sol se convertirá en el escenario del próximo gran concierto gratis de Vigo. Será el colofón del homenaje de la ciudad a Gaza
Será la líder de la candidatura de Nós Universidade en las elecciones de mayo, a las que también se presentará Belén Rubio por la H2040
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL