Moaña, capital do mundo folk cun Intercéltico do Morrazo con cinco días de grandes concertos

Publicidad

O Intercéltico do Morrazo é un dos festivais máis especiais que hai no verán en Galicia. Concertos e outras actividades de balde, unha boa programación de música celta e unha contorna inmellorable como ofrece o Paseo Marítimo da vila morracense. Nesta edición, a 39ª, a que demostra que a cita está na súa madurez, consolídase esa aposta tradicional que mestura grandes propostas do panorama galego como é o caso de Xabier Díaz es as Adufeiras de Salitre o Caamaño & Ameixeiras con opcións internacionais como os irlandeses Goitse e os escoceses Calum Stewart.

O festival moañés terá lugar dende o mércores 26 ata o domingo 30 de xullo. A parte dos concertos máis destacados concentrarase no venres 28 e o sábado 29, onde a partir das 22:00 horas actuarán no escenario que estará no Paseo Marítimo Caamaño & Ameixeiras e Goitse; e Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre -inesquecible aquela actuación de 2017 en Moaña- e Calum Stewart, respectivamente.

Pero o Intercéltico do Morrazo irá máis aló destas dúas xornadas. No marco da programación da Mostra “A Moa”, a veciñanza de Moaña e os visitantes á vila morracense poderán gozar dunha serie de actuacións destacadas nas que figuran dende agrupacións folclóricas locais a apostas máis ambiciosas como as Danzas do Mundo, espectáculo que poderase gozar a través do concerto de Estatalá que terá lugar o domingo ás 20:00 horas. Nesa xornada, os amantes do vermú terán a súa disposición, ás 12:30 horas, a actuación de Pataghullos.

Intercéltico do Morrazo

Venres 28 de xullo

Sábado 29 de xullo

Programación de A MOA

Obradoiros

Actuacións

Mércores 26 ás 20:45 h. FESTIVAL DE FOLCLORE E BAILE GALEGO con desfile e actuación das bandas e cantareiras moañesas:

Xoves 27 ás 20:45 h. FESTIVAL DE FOLCLORE E BAILE GALEGO con desfile e actuación das bandas e cantareiras moañesas:

Domingo 30

Salir de la versión móvil