Alertas
jueves, 9 de febrero 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

Xabier Díaz: “O concerto do Intercéltico do Morrazo de 2017 foi un dos máis bonitos da miña vida”

Xabier Díaz: “O concerto do Intercéltico do Morrazo de 2017 foi un dos máis bonitos da miña vida”
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

Ángel VilaPorÁngel Vila
22/02/2018

Este sábado, 24 de febreiro, o Auditorio Mar de Vigo será o primeiro recinto de Galicia escollido por Xabier Díaz para presentar o seu novo traballo, “Noró”. Na actuación non estará so, senón que compartirá escenario acompañado polos irmáns Gutier e Javier Álvarez, no acordeón e piano, e as voces das once cantareiras que compoñen “As Asdufeiras de Salitre”. As entradas, dende 12€, aínda poden mercarse en Ataquilla.

Díaz formou parte de Berrogüetto até a súa disolución en 2014 e colabora habitualmente en discos e concertos de artistas como Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera ou Guadi Galego. Coa escusa do seu novo disco, Noró –algunhas músicas do norte– quixemos falar con el do folclore galego e a súa visión da nosa música.

– Que nos atopamos en Noró?

– En Vigo terá lugar a presentación dos novos 13 temas, que veñen a completar a paisaxe que comezamos a debuxar cando sacamos “The tambourine man” hai algo máis de dous anos. É un disco que ten moito que ver con aquel primeiro, música tradicional, do norte peninsular. Non hai soamente música galega, tamén inclúe un tema zamorano e un leonés porque teño unha especial sensibilidade polo seu folclore. En definitiva, é a segunda entrega de “The Tambourine man”, mesmos músicos e mesmo formato, pero un disco quizais unha miguiña máis elaborado.

– Somos un tanto apátridas no norte?

– Somos algo apátridas no sentido en que estamos faltos dunha marca na que recoñecernos. O flamenco a ten. O fado a ten. Pero eu non me recoñezo no espectro celta como marca. O que si que é obvio e que o que temos é unha identidade brutal. Unha personalidade que nos fai tremendamente singulares no mundo. Nós estamos facendo xira en Galicia, pero tamén en Europa –Francia, Bélxica, Holanda, Suecia…- e neses mercados aprecian a nosa proposta por ser diferente. Eu creo que a música tradicional en Galicia ten moita personalidade, e isto é moi interesante para sobrevivir nun mercado globalizado.

– Que nos falta para acabar de dar o salto, os ingredientes están, é a mercadotecnia?

– Pode ser. Dende o meu punto de vista seguramente é preciso poñer en valor a marca noratlántica, do noroeste, e diferenciala un pouco máis dos que compiten en algo no que nos diluímos máis. Eu non vendo a miña como música estritamente celta nin do celtismo. Quizais precisamos unha marca máis propia.

– O disco é un canto de amor ao norte. Que ten o norte?

– Ten moitísimas cousas que acotío obviamos. Por frecuentes e comúns nos parecen que non teñen importancia. Por exemplo, temos un tesouro moi importante, do cal agora empezamos a ter conciencia, que é a auga. Tal e como está marchando este planeta, formar parte dunha zona na que a auga é un recurso é moi importante. Faime gracia cando os galegos, os meus veciños e amigos, quéixanse da chuvia. É como si os habitantes de Estocolmo dixeran ‘fai moito frío’. 

Son moi feliz en Galicia, non o cambiaría por nada.

A auga, pero tamén as cores que nos rodean, ese verde e azul tan marabilloso, a amabilidade da xente… Ademais, aquí hai música en todas partes, até no recuncho máis pequeno. Son moi feliz vivindo aquí, non cambiaría a miña residencia por nada, a pesar de que acabamos pagando prezo de sempre ter que coller un voo máis, por exemplo. A calidade de vida é marabillosa.

– Falando de auga, o ano pasado, no Intercéltico de Moaña tocaches contra todos os elementos –chuvia, equipos de son inutilizados–. Como foi esa experiencia?

Másnoticias

‘Vigo, cidade de cor’ se amplía con 14 nuevos murales: estas son las medianeras elegidas

09/02/2023
Vigo tiene ganas de festivales de música: agotadas todas las entradas para el Vibra Mahou Fest

Abel Caballero acusa a la Xunta de “obstaculizar” la rehabilitación del Pazo de Raposeira

09/02/2023

– Foi falar da auga como virtude e agora lémbrasme aquel episodio no que se converteu nun problema. Eu quédome con algo marabilloso que é a resposta da xente. Non creo que haxa nada heroico na nosa actitude. Simplemente quixemos agradecer á xente que viña de moi lonxe, de Mondariz por exemplo, para escoitarnos. Subimos a aquel Palco da Música e contra todo prognostico, pensando que faríamos un par de temas como agradecemento, converteuse nun unpluged de 35 minutos coa xente cantando con nós e un respecto absoluto. Foi tan marabilloso que sempre o recordarei como un dos concertos máis bonitos da miña carreira.

– Nunha entrevista recente –Praza.gal– definícheste como un indie.

– Eu supoño que o termo é unha especie de descrición dunha tribo, dese grupo da mocidade máis moderna. En realidade, a mensaxe que garda é ser independente. Máis independente que nós… Seguramente sexa unha declaración non sei se de odio á palabra ‘pop’, un escapar dese xénero. Agora mesmo está deturpado, porque pénsase que facer música pop é algo malo. O que nos facemos é música popular, a raíz etimolóxica está aí, facemos pop, pero somos tan indies como o que máis porque somos os máis esquecidos dentro da música. As radiofórmulas ou os grandes medios non nos fan moito caso, pero aquí estamos enchendo teatros e agotando tíckets nas billeteiras. Hai moito prexuízo.

– Falando de prexuízos, un é que a música folclórica é soamente para xente maior?

– Si, nós temos un público tremendamente interxeracional. Hai moita xente moza que vén aos concertos. Tamén vén moita xente maior e moitos pícaros. Non acabo de entender porque o 80% da música que se fai debe estar vedada á xente maior. Máis nun país tremendamente envellecido como no que vivimos. Eu aprendín das músicas da xente maior, devolverlles esa música é unha obriga para min. Por outra parte, teño unha teima importante con que os concertos non sexan moi tarde para ter un target de público amplo.

– O teu coas Adufeiras de Salitre é xa unha historia de amor?

– Tamén, non podía ser doutra maneira. De amor, as veces de odio nalgún ensaio [risas], pero maiormente de amor. Foron moi xenerosas. Estou moi contento tanto coas Aduferias como cos irmáns Álvarez, que son os músicos cos que compartimos o concerto, pola súa xenerosidade, sacrificio, esforzo e fe que teñen neste proxecto. Non me equivoco se digo que eles me deron moito máis do que eu lles din a eles.

– A anterior colaboración, “The tambourine man”, recibiu múltiples premios. Cal é a fórmula do éxito?

– Tampouco sei onde está o quid da cuestión, nin cal foi a formulación que fixo que a xente se sentise atraída, que mercase moitos discos. Supoño que continuar o pulso popular da música tradicional, da música que foi de todos é importante. Música que ten certas características como ese retrouso, que é fácil de compartir co resto da xente, con melodías que sempre teñen capacidade de penetrar no subconsciente… non sei se hai algo de todo iso, pero algo fixemos para que funcionara ben.

O test de Xabier Díaz

O teu punto favorito de Vigo.

O Casco Vello.

Un artista das Rías Baixas imprescindible.

Treixadura.

A túa verba favorita en galego.

Asubío.

Un instrumento musical.

A pandeireta, sen dúbida.

Temas: Adufeiras de SalitreAuditorio Mar de Vigomúsica folclóricamúsica tradicional galegaNoróVigoXabier Díaz
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Los años 60 conquistarán el Entroido en Teis con un Cadillac rosa y un tributo a Grease
Qué hacer

Los años 60 conquistarán el Entroido en Teis con un Cadillac rosa y un tributo a Grease

...

PorMetropolitano
08/02/2023
Música

Vigo apuntala su Entroido con un “gran concierto del folk” en la plaza de Porta do Sol

...

PorMetropolitano
08/02/2023
Tui inicia la cuenta atrás para celebrar sus grandes citas del Entroido, el Desfile y el Enterro de Bacallau
Fiestas

Tui inicia la cuenta atrás para celebrar sus grandes citas del Entroido, el Desfile y el Enterro de Bacallau

...

PorMetropolitano
07/02/2023
Verbenas, festivales y mucha música dominará el programa de Vigo en Festas 2023 hasta diciembre
Fiestas

Verbenas, festivales y mucha música dominará el programa de Vigo en Festas 2023 hasta diciembre

...

PorMetropolitano
06/02/2023
Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes
Enfoque

Alumnado e académicas da UVigo fornecen a colección ‘Feminismos’ de Galaxia con seis novos volumes

PorMetropolitano
08/02/2023

Machismo dixital, feminismo na arte ou diversidade sexual, entre os títulos dos seis novos volumes da colección Feminismos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X