Moaña propón unha noite de jazz con Wilfried Wilde Quintet e Nacho Pérez Trío

Imaxe da primeira xornada do Festival de Jazz de Moaña // DIEGO SEIXO

Publicidad

Noite de jazz en Moaña. A vila morracense decidiu pospoñer a segunda xornada do seu Festival de Jazz por mor do mal tempo. Hoxe o ceo acompaña. Permite gozar dun dos grandes eventos musicais do verán, que se despedirá esta noite nun emprazamento como o Arboredo da Xunqueira, un espazo no que se poderán ver as fermosas vistas da ría de Vigo.

Esta segunda xornada do Festival de Jazz de Moaña 2020 comezará ás 21:30 horas co concerto de Wilfried Wilde Quintet. O proxecto do guitarrista francés, afincado en Bueu, permitirá coñecer o seu primeiro traballo xunto a Charley Rose no saxo, Xan Campos no piano, Demian Cabaud ao contrabaixo e Iago Fernández na batería.

A noite de jazz en Moaña rematará coa “jam session” que dirixirá o guitarrista Nacho Pérez xunto co seu trío. Este concerto será o colofón desta edición do Festival de Jazz de Moaña marcada pola pandemia do coronavirus e polo adiamento que provocou a mala previsión meteorolóxica do pasado 15 de agosto.

O aforo do evento será limitado a 300 persoas e as entradas serán gratuítas e estarán dispoñibles online a través da plataforma www.reservas.gal.

https://www.youtube.com/watch?v=1I16DYmezRs

Salir de la versión móvil