Mos celebra o décimo aniversario do seu Arde o Pazo para expulsar ao exército de Napoleón

Publicidad

Se Vigo celebra a súa Reconquista e Bouzas a Brincadeira, Mos rememora tamén o paso dos franceses con Arde o Pazo. A festa, que conmemora o discorrer do exército galo polas terras da Louriña, encherá este sábado, 21 de abril, a contorna do Pazo de Mos de recreacións, postos gastronómicos e moita troula.

Por que Arde o Pazo? Porque o Pazo de Mos, propiedade da familia Quirós Sotomayor, emparentada con Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, tivo a mala sorte de atoparse no paso do exército de Napoleón de Vigo a Tui. Así, nunha misión para reforzar a súa presenza na cidade fronteiriza, os franceses que xa prognosticaban a súa derrota decidiron queimar os edificios máis sobranceiros que se atopaban no seu camiño, entre eles o pazo, hoxe recuperado na súa totalidade.

Programación de Arde o Pazo 2018

10.00 horas

11:00 horas

11:30 horas

12:00 horas

14:00 horas

16:30 horas

17:15 horas

18:15 horas

18:30 a 20:30 horas

20:30 horas

22:00 horas

23:30 horas

 

Salir de la versión móvil