Mos celebra a música galega cun concerto de "O Fiadeiro"

Publicidad

O grupo de baile e música galega O Fiadeiro encherá co son das pandeiretas o Auditorio do Centro Dotacional de Torroso o vindeiro domingo, 6 de agosto. O espectáculo, cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propia arquivo, enmárcase dentro das celebracións das festas do patrón local, San Mamede.

Un total de 50 persoas subirán ao escenario repartidas nas diferentes seccións de baile e música e interpretarán temas variados. “En 80 minutos crearase un evento único, espontáneo e persoal”, asegura a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, quen conclúe que “non haberá outro igual”.

A Agrupación viguesa ten unha ampla traxectoria ás súas costas con espectáculos de gran formato e adaptados as necesidades de cada momento. Entre os máis destacados atópase “A última verbena”, ambientada na Galiza da postguerra ou a súa gala denominada “Esta Noite Hai Unha Fía”, que xa vai pola novena edición.

Ademais do grupo de baile, O Fiadeiro, contará tamén co grupo de pandereteiros e pandereteiras e da súa charanga.

Como merco unha entrada?

As entradas a un prezo de 5 € poderán ser mercadas até completar o aforamento, no propio Centro Dotacional de Torroso e nas Oficinas do Multiusos das Pozas, en Petelos.

Onde se celebra o concerto?

Terá lugar no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, construído pola Comunidade de Montes da mesma parroquia. O espectáculo está programado para o domingo, 6 de agoso ás 20:00 horas.

Salir de la versión móvil