A primeira Festa dos Callos de Mos, organizada pola Unión Deportiva Mos, presentouse esta mañá no Concello, coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Pablo Serodio, presidente da Unión Deportiva Mos, outros representantes da directiva da U.D. Mos e outros representantes das empresas colaboradoras e do goberno municipal.
A festa celebrarase o mércores, 6 de decembro, xornada festiva, pero xa a partir da véspera comezarase a preparar este popular e delicioso prato. A mesma noite do 5 ao 6 de decembro se alguén quixese degustar os callos xa poderá facelo. Alejandro Alonso de Coren será o mestre chef. O prezo da ración é de 5€ para levar e 7€ no caso de tomala con cazola conmemorativa, pan e viño.
Esta homenaxe culinaria a un prato moi invernal e tradicional da cultura galega en xeral e da comarca da Louriña en particular celebrarase na Avenida de Sanguiñeda, nas inmediacións da Discoteca Queen, onde haberá instalada unha gran carpa.
Dende a organización da festa esperan que perdure moitas edicións para o que tentarán mellorar ano tras ano. Nesta ocasión cociñaranse entre 6.000 e 8.000 racións, e estarán preparados para aumentar este número se fixese falta. Dado que as previsións meteorolóxicas son boas, espérase numerosa afluencia.
A celebración contará con animación musical tanto o 5 de decembro pola noite como o 6 ao longo de todo o día, a cargo de Single Radio, que tamén emitirá o seu programa en directo o día 6.
Redondela pone fecha y hora a su gran acto de encendido de la Navidad, donde habrá pasacalles, música y sorpresas
Bueu busca poner en valor la hostelería y el comercio local con su Mercado de Navidad. Ofrecerá comida, artesanía, música y mucho más
Anunciado un concierto en Galicia la próxima primavera en Galicia. Los fans de OT podrán ver en directo a los concursantes de esta edición
"Polas que coidan. Dignidade e loita" es el lema de la manifestación convocada para el 25-N por la tarde en Vigo
Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL