O Codillo volverá a Mos novamente este mes de outubro. O Circulo Cultural e Deportivo de Mos celebrará a Festa do Codillo o domingo, 21 de outubro, aínda que o evento gastronómico contará con actividades previas tamén o sábado.
Durante a presentación deste ano, a organización destacou precisamente a novidade desta consistente nunha interesante festa incluída na programación da véspera do evento gastronómico propiamente dito. Trátase dunha festa ambientada nas décadas dos anos 60, 70 e 80, titulada ‘O Codillo Vai de Guateque’. Será na contorna do Pazo de Mos o sábado 20 de outubro ás 21.30 horas, con sorteo de premios para os asistentes caracterizados da época.
E xa dando continuidade á programación doutros anos, tamén o sábado 20 de outubro celebrarase o XVI Concurso de serra de troncos con tronzador de man e un magosto popular con queimada.
O domingo 21 de outubro celebrarase na parroquia de Mos a consolidada Festa do Codillo, que este ano chega a súa 21ª edición e contará con Andrés Giráldez como pregoeiro convidado. Na Festa do Codillo de Mos poderase saborear polo prezo de 10 euros, unha receita de codillo de porco ó forno, composta por dúas partes de codillo con arroz branco e chícharos, acompañado dunha salsa cun toque picante e servido todo nun prato de porcelana con garfo e coitelo metálicos, pano de mesa, pan e vaso de viño ou botellín de auga.
A degustación do Codillo será dende ás 11:00 horas ata fin de existencias (máximo 15:30 horas) do domingo 21 de outubro. Dende o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia prevén unha afluencia de asistentes de 5.000 persoas entre as que se repartirán 2.500 kg. de codillo de porco, 500 kg. de arroz, 150 kg. de chícharos, pemento, cebola, allo, etc., 5.000 bolos de pan, e 2.000 botellas de viño.
Este evento chegou o 8 de novembro de 1998 baixo a denominación de “1ª Festa do Codillo”, facéndose realidade unha das ideas máis orixinais e importantes que desenvolvería o Círculo. Actualmente é unha festa consolidada que atrae cada ano a milleiros de persoas, converténdose na máis importante destas características do Concello de Mos e unha das máis destacadas da nosa comarca. Dende o ano 2009 estableceuse como data fixa para a súa celebración o terceiro domingo de outubro. O seu emprazamento dende o ano 2012 é o Contorno peonil do Pazo de Mos, preto do cruce da N.550 (O Porriño – Redondela) coa PO.2601 (a Torroso, Puxeiros) detrás da igrexa parroquial de Sta. Eulalia de Mos.
Pasacalles, música en directo y muchas novedades en el encendido de la Navidad de Baiona. Así se transformará para ser el escenario más navideño
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El Concello de Tomiño abre la inscripción para la segunda edición de la Carrera San Silvestre. Estos son los detalles de la jornada
Redondela desplegará un sinfín de actividades por Navidad. Acaba de presentar su programa y esto es todo lo que ofrecerá
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL