A actual situación de crise sanitaria imposibilita ao Concello de Mos levar a cabo a tradicional programación das Letras Galegas, polo que reconducíronse as actividades previstas adaptándoas á nova situación.
Este ano a programación será a través das redes sociais pero non por iso vaise deixar de potenciar a lingua galega e homenaxear ao protagonista deste ano, Ricardo Carvalho Calero.
Este domingo 17 de maio, no Facebook municipal, ás 11:00 horas publicarase un vídeo institucional co Himno de Galicia. Ás 12:00 horas terá lugar a proxección dun vídeo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero coas colaboracións especiais de Dorinda Castro Soliño, veciña de Dornelas e Catedrática de Lingua nos textos e Patrik Castro na edición do vídeo. E, por último, ás 18:00 horas levarase a cabo a sesión de contacontos “As Pitas Baixo a Choiva”. Ademais continúase co servizo de entrega de libros da Biblioteca Municipal a domicilio, que está sendo todo un éxito, e, durante todo o mes de maio, os libros en préstamo irán acompañados dun marcapáxinas cunha imaxe e a vida e obra de Ricardo Carvalho de agasallo.
Ricardo Carvalho Calero, profesor de Ferrol, é unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galleguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.
El Concello de Nigrán reparte más de 300 kilos de castañas para facilitar la organización de los magostos de varias entidades
Maratón de cortometrajes en pleno centro de Vigo. El Casco Vello acoge una proyección con algunos de los cortos más premiados de Galicia
Presentan la programación para el 25N en el Concello de Redondela bajo el lema de "Ante a violencia machista, resposta universal"
El Hematofesti llega a Vigo con algunos de los profesionales más destacados del país en diferentes ámbitos. Consulta sus invitados
Maratón de cortometrajes en pleno centro de Vigo. El Casco Vello acoge una proyección con algunos de los cortos más premiados de Galicia
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL