Música de Mozart para celebrar o Día Nacional de Galicia en Vigo

Publicidad

A Orquesta Clásica de Vigo celebrará este domingo o Día Nacional de Galicia en Alcabre, cun concerto no prado da praia de Carril, concretamente entre a praia e o Pazo dos Escudos. Será ás 21:00 horas cun programa monográfico adicado a Mozart, no que destacamos a serenata en re maior que contará cos solistas Raquel Carrera, Iria Pérez, Daniel Fernández e Gustavo Barcia.

Como en todos os concertos deste ciclo, desenvolverase unha acción previa a partir das 20:15 horas para que a rapazada participe nunha actividade divulgativa que acompañará á proba de son. As entradas son de balde con acceso controlado.

Con este concerto, a Orquestra Clásica de Vigo pecha o ciclo de verán, apoiado polo Concello de Vigo, para achegar a música clásica aos barrios da cidade.

 

Salir de la versión móvil