O Concello de Tui celebra este venres, 22 de decembro, o seu Concerto de Nadal no Teatro Municipal. A cita, que arrancará ás 21:00 horas, correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença.
A Orquestra Sinfónica de Tui, que fixo a súa presentación oficial neste mesmo evento fai agora un ano, está formada por 42 alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. No concerto participará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença, integrada pro 32 persoas. Estarán dirixidos por Luís Caballero.
O concerto comezará coa orquesta de corda que interpretará Saint Paul’s Suite de Gustav Holst (I e IV movementos), concerto para dúas guitarras en Sol maior Rv 533 de A. Vivaldi e 3 Fados (Locura,Primavera e Meu Fado) da tradición popular portuguesa.
A continuación a Orquestra Sinfónica interpretará o clásico Danubio Azul de J. Strauss e como remate a Orquestra Sinfónica e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán conxuntamente Adeste Fideles de J. F. Wade, Natal de Elvas, Suite de Navidad (Arreglo de Marcos Valcárcel Gregorio) e Marcha Radetzky de J. Strauss.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende as 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Piratas de Nabia promete un Halloween diferente con "Samaín en el mar", una travesía nocturna llena de leyendas y misterios
Ourense desveló su gran Halloween para ofrecer una gran "Noite de Medo". Talleres, Túnel del Terror, desfile o conciertos, en el programa
Las dos divas del pop estarán en Galicia el próximo año en menos de un mes: Katy Perry en O Son do Camiño y Aitana en A Coruña
Vigo acoge por primera vez en la historia este gran evento de moda que traerá a figuras como Paloma Lago o Luján Argüelles
Vigo acogerá el próximo mes de noviembre una nueva edición de la Semana de Cine Submarino. Así es este ciclo de la UVigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL