A banda colombiana "Morat" chegará a Vigo no mes de xullo

Publicidad

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o luns 24 de xullo o concerto do grupo colombiano Morat, unha actuación enmarcada na programación de Vigo en Festas 2017. No cartel deste ano tamén están Miguel Bosé, Carlos Vives e Crystal Fighters, ademais da segunda edición do Festival Illas Cíes.

MORAT é a banda revelación latina e o seu último tema, "amor con hielo" acumula xa máis de 12 millóns de reproduccións en Spotify. O grupo está integrado por Juan Pablo Villamil Cortés (banjo, guitarra e Voz), Juan Pablo Isaza Piñeros (teclados, guitara e voz), Alejandro Posada Carrasco (percusión, batería e voz), Simón Vargas Morales (baixo, guitarra voz)-

Entre os seus maiores éxitos atópase "mi nuevo vicio", en colaboración con Paulina Rubio, tema que lles permitiu acadar o recoñecemento internacional e o interés mediático polo seu particular "FolkiPop".

O Festival Illas Cíes tamén programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade. Polo de agora foron xa confirmadas as actuacións de The Pretenders, que abrirá o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de "Uxía e a Real Filharmonía de Galicia"; mentres que Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.

Salir de la versión móvil