O Auditorio Mar de Vigo acollerá o luns 24 de xullo o concerto do grupo colombiano Morat, unha actuación enmarcada na programación de Vigo en Festas 2017. No cartel deste ano tamén están Miguel Bosé, Carlos Vives e Crystal Fighters, ademais da segunda edición do Festival Illas Cíes.
MORAT é a banda revelación latina e o seu último tema, "amor con hielo" acumula xa máis de 12 millóns de reproduccións en Spotify. O grupo está integrado por Juan Pablo Villamil Cortés (banjo, guitarra e Voz), Juan Pablo Isaza Piñeros (teclados, guitara e voz), Alejandro Posada Carrasco (percusión, batería e voz), Simón Vargas Morales (baixo, guitarra voz)-
Entre os seus maiores éxitos atópase "mi nuevo vicio", en colaboración con Paulina Rubio, tema que lles permitiu acadar o recoñecemento internacional e o interés mediático polo seu particular "FolkiPop".
O Festival Illas Cíes tamén programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade. Polo de agora foron xa confirmadas as actuacións de The Pretenders, que abrirá o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de "Uxía e a Real Filharmonía de Galicia"; mentres que Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL