Seis propostas conforman a programación que nos meses de febreiro e marzo se van celebrar no Teatro Municipal de Tui. Haberá tres obras de teatro, dúas para público adulto e unha para público infantil, celebrarase o 11º aniversario da Eurocidade Tui-Valença cun concerto, a maxia chegará con perspectiva de igualdade e proxectarase o filme ‘Canta 2’.
A programación abrirase o próximo venres, 3 de febreiro, ás 21:30 horas coa compañía Chévere presentando a obra de teatro ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’, que aborda o maior desastre medioambiental de Galicia: o afundimento do Prestige no ano 2002. As entradas están xa á venda en tui.gal aos prezos de 10 e 8 euros.
O venres 10 de febreiro, ás 20:30 horas, celebrarase o 11º aniversario da Eurocidade Tui-Valença co concerto ’24 caprichos fadistas’ da man do violinista portugués Eliseu Silva. Un concerto no que rende homenaxe ao pago e se conmemorará amais o 240 anos nacemento de Nicollo Paganini. As entradas teñen un prezo de 4 e 3 euros.
Teatro Ghazafelhos representará ‘As pitas baixo a choiva’ o venres 17 de febreiro ás 19:30 horas. Trátase dunha divertida obra para público familiar, onde dúas pitas agardan a visita dun neno que xoga con elas, pero que, cando chove, perségueas até pechalas no curral. Está recomendada para maiores de 3 anos. A entrada ten uns prezos de 4 e 3 euros.
Xa en marzo, o venres día 3, ás 19:30 horas chegará a maxia ao Teatro Municipal de Tui, da man da compañía Magia en la manga. O espectáculo, ‘A igualdade non ten truco’, promove a igualdade de xénero a través do ilusionismo nunha posta en escena divertida e máxica. Está recomendada para maiores de 5 anos. As entradas , e cos prezos de 4 e 3 euros.
O venres 10 de marzo, ás 21:30 horas, chegará a Tui ‘Smoke on the water’, unha rompedora obra de teatro da compañía Ibuprofeno Teatro. Música en directo, humor negro e crítica social se reúnen nesta obra dos anos 70 e de rock and roll. Recomendada para maiores de 14 anos, os prezos son de 10 e 8 euros.
A programación do Teatro Municipal de Tui neste ciclo pecharase coa proxección da película ‘Canta 2’, onde Bluster Moon e o seu elenco de estrelas prepáranse para o espectáculo máis importante das súas vidas. Pero antes deben persuadir ao rockeiro máis solitario para que se una a eles. A cita será o venres 17 de marzo ás 19:30 horas, con prezos de 4 e 3 euros. Está recomendada para todos os públicos.
Toda a información desta programación teatral en Tui pódese consultar na web tui.gal onde tamén están dispoñibles as entradas para cada espectáculo.