Uns 500 nenos e nenas de todas as provincias galegas, ademais de unha delegación de Portugal con rapaces de Valença e Fafe, daranse cita en Tui dentro da sétima edición de “No bico un cantar”.
A cita da que a vila baixomiñota converterase en anfitrioa, celebrarase o venres 7 de xuño ás 17:30 horas na Praza de San Fernando e trátase dun proxecto impulsado polo Consello da Cultura Galega e a Xunta co obxectivo de dar a coñecer poetas galegos dende o punto de vista musical.
A edición deste ano toma o título de “Nenos e nenas cantan na Raia” facendo referencia a participación tamén de alumnado de dous centros musicais de Portugal.
Os 500 participantes interpretarán un total de cinco pezas, “San Campio, romaría galega”, do poeta tudense Manuel Lago González musicado por Torres Creo, “Veira dó mar” de Pío Lino Cuíñas con música de Reveriano Soutullo e a terceira peza será a canción popular portuguesa “Oh rama oh que rama linda”. En cuarto lugar poderá escoitarse por vez primeira a versión musical do poema de Xosé Maria Álvarez Blázquez, “No Rego do Prado” con música do xove compositor compostelán Alexis Rozas, que realizou expresamente para esta ocasión. O broche de ouro coma en edicións anteriores porao o poema de Rosalía de Castro “Maio longo” pertencente a Follas Novas.
No evento estarán alumnos e alumnas dos conservatorios da Coruña, Xan Viaño (Ferrol), Xoán Montes (Lugo), Ourense, Manuel Quiroga (Pontevedra) , Santiago de Compostela e Vigo. Ademais dos alumnos e alumnas de 13 centros musicais, entre eles a Escola de Música Municipal de Tui, o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e a Escola de música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas. Pola parte portuguesa ademais, convidouse a participar á Academia de Música da Fortaleza de Valença e á Academia de Música José Atalaya de Fafe.
O recoñecido pianista e director Maximino Zumalave repite como responsable artístico do proxecto. Canda el, tamén volve participar o grupo de metais Hércules Brass, un quinteto de diferentes instrumentos (trompeta, trompa, trombón e tuba), ao que se incorpora un músico para conformar un sexteto. Repite como mantedora do programa a escritora Rosa Aneiros.
El domingo 19 se celebrará la tradicional Festa dos Callos de Beade en Vigo, una jornada organizada por la Asociación de Vecinos de Beade
Ponteareas acogerá un escape room al aire libre gratuito. Lo organiza un estudio de arquitectura por su aniversario
El ciclo Momentos Alhambra continúa este viernes en la Sala Supersonic de Vigo, donde actuarán Sanguijuelas del Guadiana e Inazio
Allariz se volverá a transformar parte de sus calles durante varios días por Samaín. De su encanto habitual pasará a ser un lugar de terror
Propone crear 72 nuevas plazas potenciales de PDI: una de catedrático, 32 de profesor permanente laboral y otras 39 de profesor titular
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL