O Concello de Nigrán arranca a programación sociocultural de outono con gastronomía a través da cuarta edición do concurso 'Bocados', organizado xunto a asociación de empresarios Ovalmi e a Deputación de Pontevedra e coa colaboración de Adegas Val Miñor.
O concurso nigranés arrancará este mesmo venres, 6 de outubro, e prolongarase até o día 15.
Nesta edición, participarán 16 establecementos, cifra récord do certame, que ofrecerán dous “bocados”, ou petiscos. Un terá un prezo de 1,50€ e outro de 3€, con independencia da bebida consumida.
A dinámica de Bocados será similar á de anos anteriores. Tódolos establecementos participantes poderán optar ao premio ao “Mellor bocado 2017”, elección en mans dos clientes. Para participar na votación deberase acudir co folleto “Gastromapa”, que funciona a modo de guía orientativa para facer o percorrido e, cada vez que consuman algunha, selarase no propio local.
No caso de que unha mesma persoa consuma varias tapas no mesmo establecemento, este selará tantos Gastromapa como consumicións de tapas realizara. Para poder votar e, polo tanto, optar ao sorteo de premios, o folleto deberá estar completo, é dicir, marcado por catro selos de establecementos diferentes e deberá depositarse nos buzóns habilitados en calquera dos locais. Do reconto das votacións sairán os 3 nominados ao Mellor Bocado 2017 de 1,50 euros e os tres da tapa de 3,00 euros. As instalacións de Adegas Val Miñor acollerán a entrega de premios.
Este mes de outubro estará dedicado tamén ao teatro afeccionado e a recuperación da memoria histórica co aniversario da 'Volta dos 9' e o 'Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia'. Novembro será o mes da micoloxía e dos magostos nas parroquias. Unha “programación estable e de calidade” que se manterá xa como referencia do mes de outubro e do outono en Nigrán.
Así, o domingo 8 Octubre (19:00) actuará o grupo de teatro de Priegue Entre Lusco e Fusco coa obra "Los pintores no tienen recuerdos"; o sábado 14 (19:30) o grupo de Mañufe Xente daquí e dacolá con "Quen nos manda facer teatro?"; o domingo 22 de octubre (19:30) Atrezzo de Vigo presenta "Chicago Killers"; o sábado 28 (19:30) Lohegrin representa "Bernarda" e, finalmente, o 29 de octubre (19:30 horas) 'Científicos sobre ruedas' a través de Ciudad Ciencia.
Redondela acoge este domingo la proyección de la película 'San Simón'. Una vez finalizado el visionado habrá un coloquio sobre la obra
Tui ha desvelado las fechas de uno de sus grandes atractivos de la Navidad. Así será su Mercado, que llega con novedades
"A Noite das Tevras" llega a Valença por Halloween para ofrecer un planazo en un entorno único. Una ruta nocturna entre seres de la oscuridad
El Petisquiño ofrece este año más de una treintena de propuestas gastronómicas. ¡Descubre aquí las tapas que se pueden degustar en Vigo!
A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL