O son da música galega "toma" o castelo da Guarda

Publicidad

Cita de primeiro nivel é a que preparan esta fin de semana na Guarda no seu "Noites no Castelo". Nun fermoso entorno, en pleno Castelo de Santa Cruz, a música da gaita, das pandeireta e da tradición galega encherá os vellos muros da fortificación guardesa do século XVII este sábado.

Un dos gaiteiros máis recoñecidos de Galicia, o moañés Xosé Manuel Budiño, xunto con Mercedes Peón, unha das vocalistas por excelencia da nosa terra, xuntarán forzas nun espectacular concerto que comezará ás 22:00 horas.

O son das gaitas e da música folk continuará ás 23:30 horas con Susana Seivane, recoñecida gaiteira que incorpora ritmos e estilos da música moderna á tradición gaiteira de Galicia.  Na actualidade, Seivane conta con cinco discos publicados, o último deles en 2015, con temas como "Curuxeiras", "Foliada de Quinteiro" ou "Mazurcas das Rías Baixas".  Nada en Barcelona, en 1976, pronto se interesou pola música galega, xa que forma parte dunha das familias con máis prestixio e sona dentro do mungo da gaita e da artesanía en Galicia.

A mellor música feita en Galicia nun entorno único e, ademais, totalmente de balde.

Como chegar até o Castelo da Guarda?

O Castelo da Guarda, que recibe o nome de Castelo de Santa Cruz, sitúase moi próximo ao casco urbano guardés. A mellor forma forma de chegar até el é dende a PO-552, a estrada que vai dende Baiona a Tui.

 

Salir de la versión móvil