Cita de primeiro nivel é a que preparan esta fin de semana na Guarda no seu "Noites no Castelo". Nun fermoso entorno, en pleno Castelo de Santa Cruz, a música da gaita, das pandeireta e da tradición galega encherá os vellos muros da fortificación guardesa do século XVII este sábado.
Un dos gaiteiros máis recoñecidos de Galicia, o moañés Xosé Manuel Budiño, xunto con Mercedes Peón, unha das vocalistas por excelencia da nosa terra, xuntarán forzas nun espectacular concerto que comezará ás 22:00 horas.
O son das gaitas e da música folk continuará ás 23:30 horas con Susana Seivane, recoñecida gaiteira que incorpora ritmos e estilos da música moderna á tradición gaiteira de Galicia. Na actualidade, Seivane conta con cinco discos publicados, o último deles en 2015, con temas como "Curuxeiras", "Foliada de Quinteiro" ou "Mazurcas das Rías Baixas". Nada en Barcelona, en 1976, pronto se interesou pola música galega, xa que forma parte dunha das familias con máis prestixio e sona dentro do mungo da gaita e da artesanía en Galicia.
A mellor música feita en Galicia nun entorno único e, ademais, totalmente de balde.
O Castelo da Guarda, que recibe o nome de Castelo de Santa Cruz, sitúase moi próximo ao casco urbano guardés. A mellor forma forma de chegar até el é dende a PO-552, a estrada que vai dende Baiona a Tui.
El centro de Vigo acoge este mes de mayo una nueva edición del "Speed Dating" de Sit&Meet Galicia. Descubre aquí cómo apuntarte
Esta ruta tiene una conexión desde Vigo con Ourense en tren para poder hacer la ruta. Incluye viaje en catamarán y las visitas guiadas
El programa Voando nas Rías Baixas visitará el 25 de mayo este espacio natural. Las inscripciones abren este lunes, 12 de mayo
Redondela llega a su día grande de la Festa do Choco. Este sábado, cientos de personas pasaron por la carpa degustación
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL