O Bloque Nacionalista Galego pide ampliar a “raquítica” programación de VigoCultura para o primeiro cuadrimestre de 2022. A fronte nacionalista considera que a proposta de actividades presentada este luns polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Abel Losada, non está á altura dun fervedoiro creativo e referente cultural de Galiza como a cidade de Vigo.
“Fronte a esta política do espectáculo que pretende escintilar, o BNG queremos que brille o talento que latexa na nosa cidade, cun forte compromiso ademais co acervo cultural galego, dende o tradicional até a vangarda contemporánea”, apostou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que pediu un xiro de 180 graos na política cultural que potencie a forza creativa de Vigo e democratice o acceso á cultura ao conxunto das clases populares e traballadoras como mellor maneira de humanizar de verdade a cidade.
Igrexas subliñou que a "insuficiencia" da programación de VigoCultura para os primeiros meses do ano, que prevé 20 eventos, unha media de seis actividades por mes, é un novo exemplo da política de “desertización cultural” levada a cabo polo goberno de Abel Caballero. Nese sentido, lamentou a desaparición doutros programas culturais como Vigo a Escena, que levaba as artes escénicas ao conxunto dos barrios e das parroquias, ou o programa Move Vigo, en colaboración co movemento veciñal.
“Abondaría con que o goberno de Abel Caballero destinase unha pequena porcentaxe do esforzo, da enerxía, dos medios que dedica ao seu Nadal de récord, para que o programa VigoCultura volvese ser unha referencia na programación cultural”, destacou o concelleiro nacionalista. Así, Igrexas demandou ampliar de forma “substancial” a oferta do programa, tanto no número de espectáculos como nas representacións, en particular, recuperando a programación matinal pensada para achegar as artes escénicas ao público escolar.
Las cuatro rutas serán completamente gratuitas y serán en los meses de julio y agosto. Hay que inscribirse previamente
Coruxo cita a todo Vigo a disfrutar de sus fiestas de verano. Habrá cinco grandes verbenas con varias orquestas y grupos destacados
Nigrán disfrutará un año más del Solpor Monteferro. El festival gratis que se celebrará en "el mejor escenario del mundo" con estos artistas
El ciclo Directos Vibra Mahou anuncia cuatro nuevos conciertos que tendrán lugar entre octubre y noviembre tanto en Vigo como en Galicia
Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL