O BNG organiza unha Semana da Patria Galega en Vigo como previa ao 25X

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego organiza unha Semana da Patria Galega en Vigo para poñer en valor ‘a forza deste País’, lema da campaña nacionalista deste 2024. A fronte nacionalista presenta unha ampla programación como prólogo do Día da Patria Galega e da manifestación nacional en Santiago de Compostela o 25 de xullo.

“Facemos un chamamento a todas as viguesas e vigueses a participaren das actividades da Semana da Patria, a todas e todos aqueles que queren tamén expresar a forza imparábel do BNG na nosa cidade”, afirmou a responsábel local e deputada no Parlamento galego, Carmela González, destacando os “históricos avances” nos últimos procesos electorais como ser primeira forza política en Vigo nas pasadas galegas.

González avanzou unha "ampla programación" da Semana da Patria Galega, organizada polo BNG e a organización xuvenil Galiza Nova, con actos culturais, palestras, proxeccións, actos lúdicos, accións simbólicas e tamén unha importante presenza de rúa con carpas informativas en diferentes puntos da cidade. “Todo co obxectivo de celebrarmos na maior cidade de Galiza o orgullo de sermos galegas e galegos e de poñer en valor potencialidades que ten o noso País e para afirmar a nosa vocación de facermos de Vigo o verdadeiro motor dunha nova Galiza”, salientou.

A responsábel local das nacionalistas en Vigo asegurou que a Semana da Patria é unha “man tendida” para todas as viguesas e vigueses que acreditan na "necesidade dun cambio de rumbo" para Vigo e Galicia.

Martes, 16

Mércores, 17

Xoves, 18

Venres, 19

Sábado, 20

Luns, 22

Martes, 23

Mércores, 24

Salir de la versión móvil