O Concello de Oia deseña un plan de tráfico especial polo concerto das Tanxugueiras

Publicidad

Este domingo 18 de setembro terá lugar o concerto das Tanxugueiras na Eira do Convento, na parroquia de Santa María de Oia. O concerto comezará ás 20h e rematará ás 22:15 aproximadamente.

Debido á gran afluencia de público que se prevé, o Concello adoptou medidas relacionadas co tráfico da zona, que implican vías de único sentido e cortes de tráfico.

Desde as 00:30 desta madrugada

O espazo da Eira do Convento quedará reservado para o evento, montaxe, etc.

Desde as 8:30 da mañá do domingo

Rúa Párroco Rodal Fandiño terá sentido único de baixada e dirección obrigatoria cara o Porto.

Aparcamentos: Recoméndase aparcar no parking municipal (acceso por Rúa Rodal Fandiño), fincas habilitadas para o evento (acceso por Estrada Vella) e zona campo de fútbol.

A partir das 17:00

Corte de tráfico dos accesos á zona do concerto (Rodal Fandiño, Vicente López e Rúa do Fial -á altura da Estrada Vella cara o Porto).

Control de accesos coa colaboración de Protección Civil do Rosal, Tomiño e Tui.

A esta hora, Rodal Fandiño, Rotonda, Praza Centinela e baixada ao Porto dende Praza Centinela, deberán estar sen coches.

Reservas visitas Mosteiro

Protección Civil permitirá o acceso ata esgotar prazas de aparcamento. Prégase veñan con tempo por se a esa hora non tivesen aparcamento dispoñible no entorno inmediato do Mosteiro e tivesen que buscar outra alternativa.

Os asistentes ao concerto poderán aparcar pola estrada PO-552 e vías secundarias do Concello, deixando libre acceso a portais de vivendas e sen imposibilitar a circulación.

Dende o concello pídese a máxima colaboración dos asistentes e veciñanza. En caso de incumprimento avisarase a Garda Civil e grúa, no seu caso.

Salir de la versión móvil