O MUMI 2022, o evento que conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença xa ten data de celebración. O encontro musical trasladase á última semana de setembro e terá lugar durante tres días, dende o 29 de setembro ata o 1 de outubro, nos que se realizarán encontros musicais en localizacións emblemáticas de ambos municipios.
No acto de presentación anunciouse que a partir deste xoves 24 de febreiro quedará aberto o prazo de inscrición na páxina web do MUMI de forma totalmente gratuita, para todos aqueles interesados en participar na 3ª edición da feira. A convocatoria para as propostas de artistas e bandas galegas e portuguesas permenecerá aberta ata o 31 de marzo e as inscricións para profesionais terán de prazo ata as datas de celebración do evento.
Un dos obxectivos do MUMI 2022 é "seguir creando novos mercados para as musicas galega e portuguesa". Dende a organización aseguran que pretenden atraer programadores do sector público e lograr que a feira se convirta nun obrigado punto de encontro para as contratación artísticas dos concellos e cámaras municipais dos dous territorios. Ademáis, esperan que, nun prazo de cinco anos, o MUMI se afirme como a Feira Internacional da Lusofonia.
Diana Martins e Manuel Vicente Roxo, representantes dun equipo organizador con estrutura en ambas beiras do Miño, manifestaron a súa satisfacción por ter atopado na Eurocidade unha "garantía de estabilidade para o MUMI, que este ano pretende consolidarse tanto en ubicación como en calendario".
Manuel Vicente Roxo lembrou, no acto de presentación, o importante impacto económico e social da pasada edición, na que participaron máis de 80 artistas e 132 profesionais galegos e portugueses do sector musical. A feira realizou un gasto directo na Eurocidade de perto de 12 mil euros aos que hai que sumarlle o gasto indirecto realizado polos cerca dos 2.000 visitantes que se achegaron a participar da programación cultural. Roxo asegurou que nesta 3ª edición "prevese aumentar este impacto económico".
Desta maneira, artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral daranse cita na última semana de setembro neste evento que conta co apoio económico de ambos municipios, o da Xunta de Galicia, a Direção de Cultura do norte de Portugal e a Fundação GDA (Gestão dos Direitos dos Artistas). Ademais a organización tamén anuncio que este ano participará a CRTVG, "para garantir a través da Radio Galega e a Televisión de Galicia a cobertura da feira; unha difusión que na outra beira do Minho estará apoiada desde os medios públicos portugueses Antena 2 e Antena 3".

"O MUMI é unha grande oportunidade para converter a Eurocidade Tui-Valença nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países". Esta foi a mensaxe lanzada pola organización da feira no acto de presentación, onde participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares; e representando á organización do MUMI, Diana Martins e Manuel Vicente Roxo.
Baiona organiza una andaina saludable. Es una actividad para promover hábitos saludables y concienciar sobre la prevención contra el cáncer de pulmón
El Rondallas Fest se celebrará en diciembre en el Pazo de Mos. Participarán diferentes agrupaciones musicales del área de Vigo
La Festa do Espumante de Melgaço promete tres intensos días de actividades. Habrá catas, showcookings, conciertos y degustaciones
Uno de los atractivos gratuitos de la Navidad de Vigo, su Belén Monumental, se podrá visitar en la Casa das Artes de forma gratuita
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL