O escritor porriñés Diego Giraldez inaugurará a exposición "Colaxe #catástrofe" durante a festa de apertura do XX aniversario do Festival de Cans, que terá lugar o vindeiro sábado 13 de maio. A cita arrancará ás 20:00 horas no salón do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, e a mostra se poderá visitar ata o 31 de maio.
Esta exposición é a primera vez que Giraldez expón o seus collages, unha técnica practica dende a mocidade e que retomou hai un par de anos, segundo explica, “con menos sentido do ridículo e máis actitude”. A mostra arranca cun texto dedicado da escritora Emma Pedreira e componse de 13 obras nas que predominan a figura feminina, “moi cinematográfica”, e incluso unha homenaxe ao cine de catástrofes dos anos 70 como "Terremoto", "Aeroporto" ou "O Coloso en chamas", entre outros. Os collages estarán expostos e á venda ata o 31 de maio.
"Fago collage para evitar facer cousas peores”, comenta Giráldez. “Cando estou coas tesoiras na man, apropiándome de imaxes que non son miñas para darlle un novo uso e tratalas como me peta, síntome profundamente ben”, explica, á vez que engade que "cando Alfonso Pato me propuxo expoñelos, o primeiro que pensei foi: descubríronme. E dixen que si”.
Despois da inauguración da mostra, ás 21:00 horas, o Círculo acollerá un concerto de Eladio Santos que, acompañado de Andrés Cunha, presentará o seu novo proxecto “Ronsel” no que fai unha revisión do seu repertorio e versión de clásicos. Ademáis, a xornada arrancará no Centro Cultural Municipal, ás 18:00 horas, coa proxección da longametraxe “Milla”, da directora e guionista francesa Valèrie Massadian.