O Concello de Salceda de Caselas, en coordinación cos barrios da Feira e do Castro Barreiro traballa xa na organización do Entroido 2022, unha cita clave na axenda cultural do municipio e referente en todo o país, que volverá celebrarse logo do parón do pasado ano por mor da COVID19.
Ademais do centenario enfrontamento, o concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez traballa xa na elaboración das bases e do protocolo para a celebración do XXIII Desfile de Carrozas e Comparsas o domingo 27 de febreiro, logo de reunirse coas comparsas do Concello, nunha xuntanza na que se apostou pola celebración do evento dun xeito seguro.
Todos os colectivos implicados coinciden na importancia de recuperar o evento máis importante da axenda cultural de Salceda, aínda que a celebración nas tradicionais datas estará condicionada pola incidencia de contaxios da COVID19 e polas posibles restricións que aplique a Xunta de Galicia, que xa anunciou un protocolo específico para estas festas.
Unha das citas que si están aseguradas é a parte do Entroido Tradicional, coa actuación do Rancho de Entroido no mediodía do domingo. O Rancho de Entroido de Salceda é único pola súa formación, composta por seis danzantes e dúas damas, ademais dos característicos cabaleiros, encargados de abrir o paso entre o público.
O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez Canosa, destaca que “apostamos por recuperar a nosa festa máis tradicional e importante, na que somos un referente e na que temos a obriga de apoiar aos nosos colectivos. Este ano en Salceda celebrarase un Entroido seguro, no que estamos seguros que tanto a veciñanza coma os colectivos gozarán de novo con esta celebración”.
Pola súa banda, Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda: afirma que o concello "prepárase para retomar o histórico Entroido, despois do parón do ano pasado pola COVID19. Un entroido que non sería posible sen o esforzo das asociacións de A Feira e do Castro Barreiro que traballan por manter viva esta tradición centenaria e tamén ás comparsas que enchen de ledicia, cor e humor as nosas rúas no domingo de Entroido".
Nigrán presenta una nueva sesión de cine gratis con una apuesta por el 'western'. Siguen dando vida a los icónicos cines de A Ramallosa
El Concello de Tomiño abre la inscripción para la segunda edición de la Carrera San Silvestre. Estos son los detalles de la jornada
Redondela desplegará un sinfín de actividades por Navidad. Acaba de presentar su programa y esto es todo lo que ofrecerá
Tui acaba de presentar el programa del VIII Centenario de la Consagración de la Catedral de Santa María. Un sinfín de actividades para Galicia
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL