O Festival Días de Mar enche de cultura para todas as idades o arboredo da Xunqueira

Publicidad

A actividade cultural continuará no arboredo da Xunqueira do Concello de Moaña este domingo 15 de agosto tras a celebración do Festival de Jazz. A vila morracense non celebrará a Festa de Bronlle, pero a aposta por manter viva a cultura leva a organizar a segunda edición do Festival Días de Mar, un evento que naceu o pasado verán con motivo da pandemia e que este ano terá continuidade.

O Festival Días de Mar contará con propostas culturais para todas as idades. A actividade comezará ás 18:00 horas cos obradoiros con Matrácala, unha actividade deseñada para os máis pequenos que se prolongará ata as 20:00 horas.

O público familiar tamén será o protagonista na segunda proposta do Festival Días de Mar. O Mago Roberto Lolo ofrecerá unha actuación a partir das 19:00 horas onde a maxia encherá este espazo de Moaña cunha espectacular panorámica sobre a ría de Vigo.

O colofón do Festival Días de Mar chegará ás 20:30 horas co concerto de Acordeireta, unha proposta musical formada por Patricia González y Alejandro Balbuena. Tras unha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais do noso tempo, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e, sobre todo, para dignificar a nosa lingua, á cultura galega.

Salir de la versión móvil