O folk do Intercéltico resiste á chuvia en Moaña. A XXXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo continúa este sábado despois de vencer á poalleira que afectou á ría de Vigo este venres. O acordeón e o violín de Caamaño&Ameixeiras abriron unha noite de música e danza que continuou cos sons dos irlandeses Goitse, onde os asistentes non deron conta da agua que caía do ceo e agasallaron aos artistas diversos momentos de grandes grupos de baile tradicional ao son da súa música.
O folk continuará a soar no Morrazo este sábado a partir das 22:00 horas co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e os escoceses Calum Stewart ao mesmo tempo que continua a Mostra de Artesanía e Cultural, tamén en Moaña, onde se poderá desfrutar dun serán popular, ás 20:30 horas, cun obradoiro de baile galego dirixido por Manolo Cobas, quen destaca a este diario que é unha actividade aberta a persoas que teñan diferentes niveis, polo que poden participar dende principiantes ata xente que teña algunha noción.
Unha das particularidades do obradoiro é que Cobas ensinará algúns pasos de baile que permitirán danzar durante os concertos que compoñen a programación do Festival Intercéltico do Morrazo.
O domingo continuará a programación de “A MOA” coa mosta de artesania que dende o pasado día 26 de xullo está instalada no Paseo Marítimo de Moaña, no contorno do palco da música. Ademáis, tamén terá lugar outro obradoiro de danza, neste caso, sobre as do mundo a cargo de Suso Cancelas ás 19:00 horas. Ao igual que o de Manolo Cobas, os talleres son gratuitos e non precisan incripción previa.
No tocante aos concertos, o domingo terá lugar ás 12:30 horas o concerto dos Pataghullos e ás 20:00 horas chegará o momento da actuación destacada desta primeira edición da mostra, Estatalá, un colectivo de músicos formado na actualidade por Úrsula Rial (requinta, frauta en re, percursións e voz), Xosé Liz (bouzuki) e Carlos Quintá (violín, acordeón diatónico e voz) que bota a andar no 2016 co obxectivo de facer música para os bailes populares das diferentes culturas musicais europeas.
En canto ao apartado gastronómico, hai dúas barras na Alameda e para xantar hai unha pizzería, un posto de xamón asado, empanadas ou tortilla. En total son cinco postos de comida mentres que de artesanía haberá 20 espazos. Ademais, tamén existe no espazo un stand de merchandising con produtos do Festival Intercéltico do Morrazo.
La parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra, propone un gran Serán. No faltará el vino y los pinchos gratis para animar el ambiente este finde
No es sencillo mantenerse como referencia en Vigo durante 10 años. Por eso, este local quiere celebrar una década en la ciudad con una gran fiesta
Este viernes se inauguró la nueva edición del "Barco do Nadal" de Mar de Ons que recorrerá la ría de Vigo esta Navidad
Hay vida más allá de las luces de Navidad de Vigo. Y para demostrarlo solo tienes que ver los diez planes que te proponemos para este finde
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL