• Sport Bar Vigo
  • Vigo Vertical
  • Noria Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Viaje intergaláctico
  • Nadal Valença
  • Vigo TV
  • Vía Verde
  • Nueva Plaza España
  • Bodegas Salceda
  • Policía Puerto
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Fiestas

O gran misterio do Entroido: que sucederá coa "batalla" entre A Feira e Castro Barreiro?

Entroido 2020 | Programación de carnaval en Vigo y los concellos del área
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
09/02/2021

O Entroido da comarca de Vigo ten un dos seus grandes epicentros en Salceda de Caselas. O concello salcedense é un dos principais destinos galegos para gozar ao máximo esta festividade. O impacto da pandemia obriga a ter unha programación totalmente diferente. O Goberno que preside Loli Castiñeira aposta polo formato virtual para manter ese espírito de troula, pero un dos eventos que fai do Entroido de Salceda unha cita singular, o enfrontamento entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira, está envolto dunha nube de misterio.

O gran derbi do Entroido da área de Vigo sempre foi un exemplo de resistencia. O enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira remóntase, cando menos, dende o ano 1.888, momento no que consta a primeira proba documental. Superou en todo este tempo todas as adversidades imaxinables, incluída a ditadura franquista, que non puido deter esta cita que ten un enorme arraigo en Salceda de Caselas e nos concellos de toda a contorna.

Másnoticias

Un gran encuentro de "viño colleiteiro" animará Soutomaior el fin de semana con zona gastro y conciertos

Vino, merienda y música en una ruta por cinco bodegas en Salceda de Caselas

18/11/2025
Bueu se despide del Entroido y entrega los premios a las mejores agrupaciones y comparsas

El Entroido se adelanta en Bueu con un desfile cargado de tradición

08/11/2025

A pregunta é clara. Poderá o coronavirus deter a gran batalla do Entroido? Polo momento todo é un enigma, un misterio digno de ser resolto por Leo Caldas ou Sherlock Holmes. Na presentación da festividade salcedense, os representantes de Castro Barreiro e A Feira non quixeron avanzar nada. Predominan os segredos. Ninguén quere avanzar nada. O que parece claro é que o enfrontamento entre ambos barrios adaptarase á situación e ás restricións sanitarias e todo indica que haberá algunha sorpresa.

O enfrontamento entre os dous barrios é unha cita moi especial para Castro Barreiro e A Feira, que podería dicirse que xa viven e gozar do Entroido moito antes da batalla que ten lugar nas rúas de Salceda. O pequeno río que separa ambas zonas, o Regato da Ameixoa, convértese nunha fronteira, nunha forma diferente de interpretar o Entroido. Nos meses antes da festividade, crece a rivalidade, o misterio e incluso a espionaxe para saber que trama o eterno inimigo.

As veciñas e veciños de Castro Barreiro e A Feira traballan duro para que o seu espectáculo sexa mellor que o do seu adversario. Esa rivalidade chega á rúa incluso antes do propio desfile, á hora de criticar, con sátira, á programación de verbena do barrio veciño. Este derbi ten, como se diría agora, moito “salseo”, un “salseo” que temos moitas gañas de saber se tamén logra resistir aos duros tempos da pandemia.

Nas últimas edicións, Castro Barreiro e A Feira deron vida en Salceda de Caselas a propostas tan diversas como a historia de “Charlie e a fábrica de chocolate”, de Roald Dahl; á historia da película “Coco”, de Pixar; unha adaptación da serie “Game of Thrones” ou ás emerxentes redes sociais.

Por outra banda, o Concello de Salceda organiza a primeira edición do Concurso de Disfraces de Entroido co que dende a Concellería de Cultura animan á veciñanza a disfrazarse nas súas casas e non perder o espírito do Entroido. Para participar será necesario que as persoas interesadas envíen unha fotografía por enderezo electrónico a cultura@salcedadecaselas.gal ou por WhatsApp a través do teléfono 675 23 28 32.

Estableceranse tres categorías para os premios, individual, convivintes e votación popular, que contarán como premio un vale de compra de 100 euros para consumir nos establecementos do comercio local adheridos a ACISA (Asociación de Comerciantes e Industrais de Salceda). O xurado estará composto por representantes dos entroidos históricos da Feira e Castro Barreiro e polo técnico municipal de Mocidade.

A programación completarase con varias actividades virtuais, como diferentes obradoiros dirixidos á poboación infantil que se farán públicos nos vindeiros días, ademais de mostras de fotografías e vídeos dos entroidos de edicións pasadas.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, sinalou que "este é un ano difícil no que toca parar. Aproveitaremos o momento para avanzar no proxecto para que o noso entroido sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. Agora o primordial é a saúde, demasiada xente se quedou polo camiño, o Entroido e as festas xa voltarán, e farano con máis forza aínda”.

Temas: EntroidoEntroido 2021fiestas en VigoSalcedaSalceda de Caselas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo acogerá un espectáculo único recién estrenado en Galicia, "todo un viaje intergaláctico"
Espectáculos

Vigo acogerá un espectáculo único recién estrenado en Galicia, "todo un viaje intergaláctico"

Vigo será una de las paradas de un nuevo y sorprendente show. Un viaje intergaláctico que acaba de sorprender a Galicia con su estreno

PorSara Rodríguez
18/11/2025
El parque de Duendelandia, Fortaleza de Chocolate y 41 días de luz en la Navidad de Valença
Qué hacer

El parque de Duendelandia, Fortaleza de Chocolate y 41 días de luz en la Navidad de Valença

Valença desvela su asombroso despliegue de Navidad con 41 días de actividades. Esto es todo lo que podrás disfrutar en una escapada desde Galicia

PorAlfredo Teja
18/11/2025
Un gran encuentro de "viño colleiteiro" animará Soutomaior el fin de semana con zona gastro y conciertos
Qué hacer

Vino, merienda y música en una ruta por cinco bodegas en Salceda de Caselas

El Concello de Salceda presenta una nueva edición de su tradicional Ruta das Bodegas da Feira. Degustación de vino y mucho más

PorSara Rodríguez
18/11/2025
Vigo ya tiene fecha de apertura para su gigantesca noria de Navidad
Qué hacer

Vigo ya tiene fecha de apertura para su gigantesca noria de Navidad

La Navidad de Vigo sumará uno de sus grandes atractivos. Ya hay fecha para la apertura de la icónica gran noria

PorAlfredo Teja
18/11/2025
Jacobo Porteiro presenta su candidatura de "consenso" al Rectorado para "modernizar" la UVigo
Enfoque

Jacobo Porteiro presenta su candidatura de "consenso" al Rectorado para "modernizar" la UVigo

PorMiguel Alonso
18/11/2025

Apunta que la UVigo se enfrenta a un reto importante como es la jubilación de decenas de docentes y la caída de la natalidad

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

20nov18:00Encendido de la Navidad A LaxeNAVIDAD | VIGO | GRATIS

20nov18:00Encendido de la Navidad CC Gran VíaNAVIDAD | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X