O Intercéltico do Morrazo recupera este ano todo o seu esplendor descubrindo novos “mundos celtas”

Publicidad

A felicidade amosábase onte sábado na faciana de dous dos cerebros do Festival Intercéltico do Morrazo. Os músicos Iván Costa e Anxo Lorenzo amosaron ao público xeral, acompañados de parte do Goberno local que lidera Leticia Santos, o cartel da nova edición dun dos festivais de folk máis importantes de Galicia. Era a confirmación dun regreso ao grande, da reconquista do espazo conquistado nunhas edición prepandémicas que levaron á cita moañesa a ser un dos mellores festivais do verán en Galicia. Para esta nova entrega, xa sen restricións Covid, volta esa mestura perfecta que supón a apostar por grupos internacionais e propostas locais, un cóctel que se poderá degustar nas datas tradicionais, a última fin de semana do mes de xullo -29, 30 e 31 de xullo-.

Nesa fin de semana de xullo volverá o baile. E Moaña será de novo o punto de peregrinación do mundo folkie. Será a capital do universo celta. O Festival Intercéltico do Morrazo recupera as súas tradicións cun cartel composto por Elephant Sessions (Escocia), Yves Lambert (Canadá) e a mítica Kathryn Tickell (Northumbria, Reino Unido) que convivirán no cartel coas formacións galegas Treixadura, Xurxo Fernandes e Os d’Abaixo.

Imaxe da primera xornada do Intercéltico do Morrazo 2021 // DIEGO SEIXO

O Festival Intercéltico do Morrazo presenta a edición sen restricións tras dous anos marcados pola pandemia, dos anos que pese á dureza da Covid non impedir ao decando dos eventos folk galegos desfrutar da mellor música tradicional. É certo que houbo que estar sentados, que houbo que facer colas ou que incluso algúns tiveron que ver o festival dende o seu móbil ou o seu ordenador, pero o certo é que nestas dúas últimas edicións o Festival Intercéltico do Morrazo amosou ao mundo a súa fortaleza e o seu carácter bravo, un carácter que agora permitirá gozar ao máximo dunha edición que si terá unha herdanza da época da covid, a aposta pola sesión vermú, que nesta ocasión correrá a cargo dos galegos Os D’Abaixo, que se subirán ao escenario o domingo 31 ás 12:30 horas.

O evento que se celebrará os días 29, 30 e 31 de xullo no Concello de Moaña é de balde para os asistentes. Nesta edición, unha das novidades que presenta o cartel é a presenza de propostas procedentes de mundos celtas diferentes aos tradicionais de Escocia e Irlanda. Unha das actuacións destacadas a protagonizará Kathryn Tickell, que actuou con artistas como Sting, que permitirá que a gaita de Northumbria resoe con forza neste Intercéltico do Morrazo. Outra novidade será Yves Lambert, que chegará procedente de Canadá. Na presentación do cartel da nova edición do evento, a alcaldesa Leticia Santos destacor que "seguimos a apostar por dar oportunidade a grupos que non son tan coñecidos no noso país, pero que van marcando unha tendencia que a partir de que pasan por Moaña outros festivais contan logo con eles".

Programación do Intercéltico do Morrazo 2022

Treixadura - Venres 29 ás 22:00

Elephant Sessions - Venres 29 ás 23:30

Yves Lambert - Sábado 30 ás 22:00

Xurxo Fernandes - Sábado 30 ás 23:30

Os D'Abaixo - Domingo 31 ás 12:30

Kathryn Tickell - Domingo 31 ás 22:00

Salir de la versión móvil