• Chiringuitos en Vigo
  • Festival Gratis Monteferro
  • Fiestas de Coruxo
  • Parque acuático Mogor
  • Rutas Bueu
  • Playas de Vigo
  • Recuperación edificio Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Fiestas de Coia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

O MUMI presenta en Tui e Valença as músicas que "se van ver nos escenarios nos próximos meses"

Concerto de apertura do MUMI 2023 // Pixelín Photo

Concerto de apertura do MUMI 2023 // Pixelín Photo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
22/09/2023

Este venres celebrouse no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença o acto de benvida da 4ª edición do Encontro profsional de Músicas MUMI 2023 no que participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Ana Paula Xavier, vice-presidenta da Câmara Municipal de Valença; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); João Ribeiro da Silva, Chefe da Divisão de Promocão na Direção Regional de Cultura do Norte; e representando á organización do MUMI en Galiza e Portugal, Diana Martins e Áitana Cuétara que destacou “o grande interese do sector por estar presente nesta edición do MUMI, na que recibimos perto de 250 candidaturas entre as que tentamos facer unha selección diversa que dea conta do gran momento que viven as nosas músicas”.

Cuétara falou tamén das dúas grandes novidades deste ano, dunha a banda “a colaboración iniciada coa Fira Mediterrània de Manresa, a máis importante no ámbito das músicas pouplares e que por tanto abre un mercado enorme; e o noso Espazo Loja, onde queremos dar visibilidade ao traballo que fan as editoras musicais”.

Másnoticias

RADIO MUNICIPAL TUI

El alcalde de Tui se someterá a una cuestión de confianza vinculada a los presupuestos

27/06/2025

Tui pasará todo el verano sin piscinas municipales

20/06/2025

Pola súa parte, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, indicou que “estreitar lazos entre Galicia e Portugal é un obxectivo irrenunciable da Xunta de Galicia, especialmente no caso deste evento que nace do sector e que fomenta a comercialización, a distribución, o intercambio musical e a circulación de artistas entre Galicia e Portugal, que afortunadamente é cada vez máis habitual con eventos de cultura lusófona arredor da música e outras manifestacións culturais”.

Ana Paula Xavier quixo remarcar o feito de que “o MUMI traduce a un plano real todo o traballo de cooperación transfronteiriza que se fai desde as administración da Eurocidade e axuda a que as persoas o perciban e o aproveiten neste territorio que é fronteira más poblada entre España e Portugal e tamén a que produce máis intercambios no económico, no social e tamén no cultural”.

Enrique Cabaleiro reiterou “a aposta que fixemos desde o principio por este evento que está xa asentado e que non temos dúbida de que seguirá crecendo” e João Ribeiro da Silva afirmou que “non hai mellor forma de facer esa ligazón entre Galiza e Portugal que a través da música que nos une dende hai séculos e que fai parte do noso patrimonio inmaterial común”.

A programación profesional do MUMI terá lugar este venres e sáabado na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença, onde se celebrarán roldas de encontros rápidos ou speedmeetings que se sucederán durante toda a fin de semana e onde bandas e artistas terán a oportunidade de presentar as súas propostas musicais ante responsables de programación de salas, festivais, concellos e outras entidades públicas e privadas que conforman o ecosistema musical a ambas beiras do Miño.

Entre outras, está confirmada a asistencia de responsables de programación cultural dos Concellos de As Pontes, Padrón, Carral, Boiro, Ames, Carballo, Cedeira, Palmela, Póvoa do Varzim, Matosinhos ou A Guarda. Tamén participarán entidades programadoras do ámbito privado, como os festivais, Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Portamérica, Son do Camiño, Minho Reggae, Caudal Fest, Elas Son Artistas, Gaia World Music e Palheta Bendita - Santo Tirso; as axencias Charlatana, La Yogurtera, Esmerarte, Correveydile, Indieror, Sounds Good e D’Orfeu Águeda; e as salas Mardi Gras, e A Pousada da Galiza Imaxinaria.

Faladoiros

Ademais da axenda de speedmeetings, o programa presenta tamén sesións de traballo onde se tratarán asuntos que ocupan e preocupan ao sector dentro da sección Faladoiros. Manuel Pena, director de licencias de Altafonte, tratou o tema A comercialización dixital da música. Desde a Asociación de Músicas ao Vivo (MAV), o seu xerente, Manuel Alonso, e Patty Castro, da directiva, debullaron as Claves para a contratación artística transfronteiriza nun encontro no que tamén se falará do asociacionismo musical en Galiza.

A terceira sesión deste venres tentará botar luz sobre outra das cuestións de interese para moitos dos proxectos musicais: Como conseguir audiencias para músicas non maioritarias. Será a partir das 15:30 horas. E para pechar os faladoiros desta primeira xornada está prevista ás 16:15 horas a Presentación do Título de Especialista en Industria musical da Universidade de Vigo, unha nova titulación que será presentada pola decana da Facultade de Comunicación da UVigo, Enma Torres, e polo coordinador do título, Javier Abreu.

A xornada do sábado abrirase ás 10:30 horas cunha problemática que por fin comeza a visibilizarse dentro do sector musical e da cultura en xeral arredor da saúde das persoas que traballan nel. O director da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Carlos Lorenzo, presentará o proxecto Coidar de nós, para coidar da cultura, no que se abordan as dinámicas tóxicas e as súas consecuencias na saúde mental e tamén física de artistas e profesionais do ecosistema cultural.

E ás 13:00 horas, o último dos faladoiros desta edición centrarase nunha das liñas de traballo que pode ampliar os horizontes da nosa industria musical e poñer as nosas músicas en circulación e relación con outros contextos. Miguel Angelo e Fernando Sousa, xestores da axencia musical portuguesa SOUNS GOOD, falarán desenvolverán no faladoiro experiencias culturais con fondos europeos das posibilidades que se abren cos programas de axudas ao sector cultural da Unión Europea a partir da súa propia experiencia na formulación e xestión do proxecto MARIMBA, no que ademais de Portugal participan outros países da lusofonía como Angola, Guiné-Bissau, Moçambique e Timor-Leste, e que recibiu apoio por valor de cerca de un millón de euros do programa europeo PROCULTURA. Todos os faladoiros celebraranse na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença e están abertos ao público xeral ata completar aforo.

Programa de Showcases

Este veneres presentaranse os directos de Anxo Araújo, Expresso Transatlântico, Mondra, Diego Alonso 5tet, Alba Careta & Henrio (colaboración Fira Mediterrània de Manresa) Xurxo Fernándes e Aníbal Zola. Ao programa de showcases, sumarase a proposta de Dj Gaiteirinho o remate da xornada, dentro do ESPAZO OFF. Para o sábado están programados os concertos de Antía Muíño, Mondra, Lontreira, Moura, María Monda, Maze, Retimbrar, Virgem Suta e a sesión de Dj Ábrete de Orellas no ESPAZO OFF.

Espazo Loja

Unha das novidades desta edición é o Espazo Loja, unha nova actividade dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa, e que acollerá os catálogos da editora portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora. O Espazo Loja estará funcionando o sábado 23 de setembro na ZONA PRO ubicada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença durante a mañá e pola tarde trasladarase ao Hall do Teatro Municipal de Tui, onde se vai presentar ás 17:30 horas a novela gráfica Zeca Afonso. A Balada do Desterro, da ilustradora portuguesa Maria João Worm e a escritora galega Teresa Moure, editada conxuntamente por aCentral Folque e Tradisom.

Temas: Eurocidade Tui-ValençaindustriamúsicaTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Fiestas

Confirmados los precios y tapas de la Festa da Langosta más famosa de Galicia

Si no te quieres perder los manjares de esta Festa da Langosta, consulta esta guía completa. A Guarda confirma las tapas y los precios para una edición de récord

PorAlfredo Teja
28/06/2025
Foto: Kubo
Fiestas

Verbenas, conciertos y juegos en las fiestas del Santiago Apóstol de Bembrive

La comisión de fiestas de Bembrive desveló el programa de sus fiestas. Habrá conciertos, verbenas y juegos para todas las edades

PorIván Dacal
28/06/2025
Qué hacer

Más de una veintena de días con actividades en el verano de O Rosal, con The Rapants como plato fuerte

O Rosal se prepara para vivir un verano lleno de actividades. Cine, música, fiestas o la Feira do Viño, entre lo más destacado

PorIván Dacal
28/06/2025
TURISMO RÍAS BAIXAS
Qué hacer

Bueu ofrece este verano cuatro sorprendentes rutas gratis para descubrir su naturaleza y su historia

Las cuatro rutas serán completamente gratuitas y serán en los meses de julio y agosto. Hay que inscribirse previamente

PorIván Dacal
28/06/2025
Enfoque

Un estudo da UVigo cuestiona as hipóteses clásicas sobre a alta biodiversidade nos trópicos

PorMetropolitano
26/06/2025

Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X