ACTUALIZACIÓNO Concello de Gondomar vén de decretar tres días de loito oficial en memoria de Soledad Rey Valverde, asasinada presuntamente polo seu home, e suspenderá todas as actividades previstas ata o vindeiro domingo, entre as que se atopa o prendido da iluminación do Nadal este próximo sábado, que se pospoñerá ao domingo día 06 de decembro.
Gondomar dará a benvida ao Nadal este sábado 5 de decembro. O Concello comezará ás 19:00 horas coas actividades previas que darán paso, ás 20:00 horas, ao acendido oficial da iluminación. A cita, que contará cun aforo máximo de 75 persoas, será retransmitida tamén a través de internet.
“Sen dúbida o ano 2020 quedará na nosa memoria como un ano moi diferente, pero o noso obxectivo é que o Nadal en Gondomar luza igual que sempre, con todas as normas de seguridade necesarias, pero sen perder nin un pouquiño de maxia e ilusión”, asegura o alcalde Paco Ferreira.
A programación comezará ás 19.00 horas baixo a carpa situada na Praza Paradela coa animación de “trasnos máxicos” a cargo de Sarao Animación e a actuación do mago Marco, para grandes e pequenos. Será ás 20.00 horas cando se inicie a conta atrás que dará paso ao prendido oficial das luces de Nadal do municipio. Preto de 200.000 leds que iluminarán os lugares máis emblemáticos da vila.
Tres cámaras con operador e outras tres fixas colocadas en lugares estratéxicos permitirán seguir por streaming o acto, con especial protagonismo para a coñecida e xa tradicional “árbore vermella” de Gondomar ou a iluminación elixida nesta ocasión para lucir na Alameda da vila.
Amais, reproduciranse dous vídeos elaborados para a ocasión cos que se lembrará a campaña de recadación de fondos para poder garantir Reis Magos aos pequenos de familias máis vulnerables, Gondoilusión, e, un segundo no que se avanzará a programación organizada desde o departamento de Cultura do concello de Gondomar para estas datas.
Salceda de Caselas inicia la cuenta atrás para disfrutar del Festival de Charangas, un evento "único" en Galicia y con varias horas de música
Fechas, lugares y dónde comprar las entradas para la nueva temporada de los conciertos en formato acústico que triunfan cada otoño en Galicia
Vuelve la clásica Festa do Mexillón a Vigo. Castrelos ofrecerá una cita gastronómica top con hasta 3 toneladas de mejillones y mucha música
¿Cómo han cambio las verbenas en Galicia durante el último siglo? Baiona se sumerge en el mundo de las orquestas, "parte esencial de la identidad gallega"
El próximo martes 9 de septiembre se instalará una carpa en Príncipe donde se podrán realizar determinadas actividades lúdicas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL