A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle ata o vindeiro 30 de maio a exposición “O Pracer de Pintar”. Unha mostra conxunta dos participantes do obradoiro de pintura do centro sociocomunitario de Vigo, en Pi y Margall, que este mediodía era inaugurada polo delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias.
A mostra está composta por 42 pezas en óleo e acuarela realizadas polos alumnos que participan do taller de pintura que desde fai anos impártese neste centro dependente da Administración autonómica. Carmen Lamas Estévez, técnico en plástica, leva dez anos ao fronte deste obradoiro e fixo fincapé en que o máis importante é “a ilusión coa que os maiores afrontan o reto de situarse ante un lenzo en branco e o gusto que manifestan pola arte. Mantenos activos e gozan”.
No acto, no que tamén estivo presente a directora do centro sociocomunitario Lucía Lorenzo, López-Chaves salientou o potencial e a creatividade dos artistas os que felicitou polo traballo que colgará das paredes da Xunta ata o vindeiro 30 de maio.
Esta exposición súmase así ás múltiples mostras de artistas e colectivos que xa se realizaron na planta baixa do edificio administrativo do goberno galego, así coma aos cursos e xornadas que se desenvolven no salón de actos ou a organización de actividades culturais e mesas solidarias coma as de DOA ou a AECC, entre outras. Sempre co obxectivo de abrir o edificio administrativo á participación dos cidadáns. Cómpre lembrar ademais que as instalacións da Delegación Territorial –o salón de actos e a zona de exposicións- están dispoñibles para que todos os colectivos e asociacións parroquiais da cidade acheguen as súas actividades culturais e sociais aos cidadáns, co obxectivo de que transcendan máis aló do seu propio ámbito parroquial e todos os vigueses e viguesas poidan coñecelas.
Tui acaba de presentar el programa del VIII Centenario de la Consagración de la Catedral de Santa María. Un sinfín de actividades para Galicia
Vuelve el mejor concurso para degustar el dulce más típico de la Navidad de Portugal. La mejor oportunidad para comer Bolo-Rei, a un paseo de Galicia
Ribadavia anuncia la fecha y la hora para el encendido de su Navidad. Recupera la decoración de Ferrero Rocher para hacer brillar sus calles
Vigo acogerá un concurso único para encontrar al mejor camarero de Pontevedra. Buscan reivindicar la profesión, con un curioso certamen
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL