Este venres 17 de agosto dá comezo o Revenidas, tamén coñecido coma o Festival das Linguas. O evento, que nesta edición se celebra ata este domingo 19 de agosto, é xa unha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente dende o seu nacemento no 2003 sempre cunha idea e un propósito claro: o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.
O cartel do Revenidas 2018 componse dunha combinación de sotaques e estilos musicais como o balkan, ska, punk, rock, pop, garage, rap, hiphop, funk, dubstep, trap, reggae, folque ou electrónica. Unha experiencia popular galega arredor dunha grande comida familiar, a Gran Sardiñada Popular que deu orixe ao festival, actividades gratuítas para todos os públicos e concertos nun recinto pechado con dous escenarios no Porto de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa os días 17, 18 e 19 de agosto do 2018.
Nesta edición o programa es´ta composto por grupos como Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok, The Real McKenzies,Tremenda Jauría, Steve’n’Seagulls, El Drogas, Russkaja, Zoo ou Danidarría, que completan unha proposta dunhas 40 diferentes opcións musicais. Alén diso, o Revenidas tamén ten unha chea de actividades e propostas diversas para toda a familia como a sardiñada popular, a feira revenida, a música do recuncho dub, os pasarrúas, as propostas que nos achegarán tres chefs de alto nivel como son Gerson Iglesias e Pablo Domínguez, de Adega das Caldas de Ourense; e o coñecido chef vigués Alberto González, a Gala de Circo Solidaria ou os concertos a bordo do Chasula con Voodoo, Roberto Sobrado, Arremecaghona Monobanda, Xurxo Souto, Ugía Pedreira + Marina Oural e Marcelo Dobode.
Os bonos que permiten asistir aos tres días de festival están á venda na billeteira do festival por 45 euros. O mesmo sucede coas entradas para asistir a un só día de festival: de momento as do sábado pódense adquirir por 20€ e a partir dos próximos días terán un prezo de 25 €.
12:00: Apertura de acampada e taquillas
17:00 - 20:30: Dub na Praia (Praia do Preguntoiro)
20:00: Apertura de portas do recinto dos concertos
20:30: Ezetaerre
21:20: Joan Garriga & Galactic Mariatxis
22:20: Soziedad Alkoholika
23:50: The Real McKenzies
01:00: Ayax y Prok
02:15: Keltoi!
03:15: Balkan Bomba
04:15: Maria Turme DJ
El Mercado de Navidad de Artesanía Alimentaria llega este viernes a Vigo. Estas son las actividades y sorteos que ofrece hasta el domingo
Vialia Vigo se prepara para acoger talentos de toda España en su Barber Battle. Una competición que promete ser todo un espectáculo
¿Crees que haces la mejor tarta casera? Ponteareas acoge una nueva edición del concurso gastronómico que busca el mejor dulce
El Concello ha abierto el plazo para que los comerciantes y artesanos se anoten al Mercado de Navidad de Gondomar. ¡Consulta aquí las fechas!
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL