• Aperitivo de moda en Vigo
  • Cartas Pokémon en Vigo
  • Cascada escondida
  • Villa indiana Redondela
  • Vídeo rescate Ourense
  • Nuevo mirador
  • Afectados Viaxes Loa
  • Arte urbano Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

O Revenidas énchese este sábado para recibir a Ska-P, Rodrigo Cuevas, Dakidarría e Heredeiros da Crus

Revenidas // CHRISTIAN PÉREZ

Revenidas // CHRISTIAN PÉREZ

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
08/09/2023

Seis mil novecentas persoas, o aforo completo do recinto do festival, serán as que o Revenidas acolla na xornada do sábado. Hai meses que se esgotaron as entradas para esta xornada. E non e para menos. Quince propostas musicais ofrece o Revenidas o sábado. Entre as que destaca a presenza de Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto este ano. Ou a de Rodrigo Cuevas, que presentará a modo de exclusivo adianto os temas de Manual de Romería, o disco que publicará o 22 de setembro.

Outro fito importante, histórico incluso, é a celebración do 20 aniversario de Dakidarría. A banda do Val Miñor ofrecerá un concerto único no que participarán máis de 50 artistas convidados. Concerto que será gravado e posteriormente publicado xunto a un documental sobre o grupo.

Másnoticias

Desvelan los horarios del festival gratuito de Nigrán que llenará de música Playa América

12/08/2025

Ponteareas lanza una nueva edición de su clásico festival con ocho conciertos gratis

11/08/2025

A xornada do sábado do Revenidas dará comezo ás once da mañá cunha sesión de cañeira benvida a cargo da Duendeneta. A música non deixará de soar en ningún momento en Vilaxoán ata as catro da madrugada, cando finalicen o seu concertos Me Fritos and the Gimme Cheetos.

HORARIOS E ARTISTAS

O RABELO (11:30 h)

Enre as moitas figuras emerxentes da nova escena musical galega O Rabelo sobresae pola súa orixinalidade e creatividade. Deixouno ben claro con Suor, un disco no que mestura sen ningún tipo de complexos rap, música electrónica e de raíz. Roneo duro, rabia contida, tenrura salvaxe... Basicamente, reguetón para bailar no serán.

HEREDEIROS DA CRUS (12:30 h)

Tras un ano de parón obrigado por causa do problema cardiovascular sufrido polo seu cantante, Javi Maneiro, Heredeiros da Crus retornan aos escenarios. E fano con máis gañas que nunca. Coa ansia de recuperar o tempo perdido e de amosar que a banda e todos os seus componentes están en plena forma. O Revenidas non podía quedar alleo as ese retorno e volve a acoller á banda do Barbanza para ser de novo testemuña de que son un dos máis grandes grupos de rock and roll que deu esta terra.

K1ZA (13:50 h)

Desde os parques de Madrid, chega esta voz diferente dentro do panorama do rap español. Unha mc cunha carreira curta pero dunha calidade musical e letrística de primeira liña. Medrou, como xa é tendencia a partir de vídeos en TikTok. Algún deles acadou máis máis de 2,5 millóns de visualizacións na plataforma. A súa popularidade foi crecendo ata estoupar grazas a Agua y Tiza, un traballo cheo de sons melancólicos, mensaxes duras, desesperanzados e reclamacións vitais.

LAMATUMBÁ (14:50 h)

O retorno de Lamatumbá foi unha das grandes novas da música galega neste 2023. A banda ourensana que marcou unha época grazas a súa arrebatadora fusión de cumbia, reggae, ska, rock e folk, cunhas letras cheas de ironía e non exentas de crítica e compromiso, anunciou que volvía aos escenarios 11 anos depois de que decidirán tomarse un descanso. E ao igual que o foi na súa primeira época, o Revenidas volverá a ser a súa casa. Non podían faltar. Estando Lamatumbá en activo os seus grandes himnos festivos non nos podían faltar no festival.

MONDRA (16:00 h)

Apunta este nome porque vas escoitalo moitas veces. Cantareiro e bailador, Mondra é unha desas novas figuras que están a revolucionar a música galega. Apadriñado por Berto e con colaboradoras como Fillas de Cassandra, os primeiros adiantos do que será o seu disco de debut, Crónicas d'Ardēn, que se publica o 20 de setembro, non deixan lugar a dúbida. Despois contarás que a primeira vez que o viches foi no Revenidas.

FAMILIA CAAMAGNO (17:00)

Outros que veñen de dárlle unha volta ao seu son son Familia Caamagno. O quinteto compostelán estrearon a finais de 2022 O mundo está derrotado, un disco co que actualizan as súas credencias e as súas sonoridade, achegándose á contemporaneidade «dunha forma perralleira», coma sempre segundo o seu particular sentido do humor. Os Caamagno fican no ímpeto dos febrís anos 90 con furiosas melodías e guitarras moito máis agresivas. E iso en directo soa como un canón.

THE RAPANTS (16:30 h)

Cando hai uns anos asomaron pola escena musical galega presentábanse como “unha banda de indie e garage” que pretendía “achegar frescura por medio de temas animados, directos e cargados de enerxía”, co obxectivo de “levar o noso bo rolo alá onde imos”. E vaia se o conseguiron. Os de Muros son hoxe unha das bandas máis reclamadas do país. E o achegamento á música disco e á electrónica que propoñen dende o seu novo disco, O corazón como un after, non fai senón acrecentar esa frescura e ese bo rolo que os caracteriza.

RODRIGO CUEVAS (19:30 h)

Os asturiano chega a Revenidas a dúas semanas de publicar o seu segundo disco, Manual de Romería, do que xa adianta que terá “unha visión moito máis global, se cabe”, con conexións aos dous lados de Atlántico. Tamén anuncia o músico asturiano para a cita de Vilaxoán “un novo espectáculo no que, ademais de nutrirse das cancións que conformarán o disco, entrarán a formar parte “o relato, o humor, a crítica, a ironía, a posta en escena, o vestiario, o xogo, etc.”, configurando “un concerto máis animal, máis extrovertido, quente, bailable, ambicioso, alegre e, quizá, épico: maior”.

LA ÉLITE (21:00 h)

Desde Lleida para todo o mundo chega o novo son do punk: o «synthetik punk». Porque quen dixo que os sintetizadores ou as caixas de ritmos non podían ter cabida no punk? La Élite encarganse de demostrar que si que é posible, sen perder por iso nin un gramo de contundencia. Benvidos ao Pogo 2.0.

SKA-P (22:00 h)

A presenza da comprometida e combativa banda vallecana de ska-punk será un dos grandes atractivos do Revenidas 2023. Non en van Ska-P ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia este ano. Ademais, a banda, fundada en 1994, xa anunciou que ao remate desta xira fara un parón “por un tempo indefinido”, polo quen sabe se non será esta a derradeira vez que se poida escoitar a Ska-P en directo.

NATIVA (00:00 h)

Nativa é o novo grupo nado tras o parón indefinido de La Raíz en novembro de 2018. Varios dos seus compoñentes (Adri Faus, Xavi Banyuls, Edu Soldevila, José Carlos García “Sen-K” e Julio Maloa) decidiron crear e dar forma a este novo proxecto debido ás súas inquietudes e ás súas inquebrantables ganas de seguir facendo música En Nativa téñeno claro: a música é un código e unha vía de comunicación para axitar as conciencias. É o que fixeron neste 2023 co seu novo disco, Aquí y Ahora.

DAKIDARRÍA (01:30 h)

O Revenidas é o lugar elexido por Dakidarría para festexar os seus primeiros 20 anos de carreira. Máis que un concerto, será unha festa na que o grupo repasará vellas e novas cancións con multitude de colaboracións de artistas galegos (Tanxugueiras, Ruxe Ruxe, Zenzar, Sondarúa, Ezetaerre, O Rabelo, Brasica Rapa…) e estatais (Ska-P, Boikot, Aspencat...). Este concerto único quedará rexistrado en audio e video.

ME FRITOS AND THE GIMME CHEETOS (03:10 h)

Esta banda asturiana fundouse no 2016 á imaxe e semellanza da banda americana Me first and the Gimme Gimmes. «Pero á española˝, din eles. Amantes da festa, buscan darlle unha volta a cancións que todos o mundo coñece (dende Camela ou Isabel Pantoja a Quevedo ou Rosalía) para adaptalas a un estilo punk-rock melódico, acelerado e festeiro.

KRIS K DJ (18:00 e 01:00 h)

Dj residente da Duendenta. Ten pinchado en festivais como Portamérica, Caudal Fest, Atlantic Fest, Planeta Sound, Revenidas, Ourensound, Nachiños Fest, Surfing the Lérez, Vilablues… Foi teloneira no concerto de Bonnie Tyler en Santiago en 2021. As súas sesións sobresaen pola súa variedade, sentido lúdico e polo seu compromiso coa música en galego e coa música en feminino.

LA DUENDENETA (11:00 h)

Xa case nos atravemos a dicir que o Revenidas non se entenden sen A Duendeneta. A vella furgalla vermella que leva a nosa música por todo país é todo un clásico do festival de Vilaxoán, ao que leva acudindo dende hai case unha década. Este ano, por suposto, non podía faltar, coas súas festivas e imbatibles sesións a cargo de Kris K Dj e Carlos Crespo nas que a música galega goza

Temas: Festival Revenidasfestivales de músicafestivales de música en GaliciaRevenidas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Imagen de archivo del Festival Taíña, en Goián // Facebook Festival Taíña
Fiestas

Música "para sacar los pasos prohibidos" y bebidas con "sabrosura" en la Festa Latina de Tomiño

Salsa, mambo, cumbia, merengue, reggaeton, nadie podrá salvarse de bailar en Tomiño. Goián promete una Festa Latina épica

PorAlfredo Teja
17/08/2025
Foto: Rataloka Tattoo
Fiestas

Picoteo, música y diseños top en la "fiesta del tatuaje" que llega a Vigo

Un estudio de tatuajes de Vigo celebra todo un fiestón con buen ambiente y precios especiales. Así es esta llamativa propuesta

PorAlfredo Teja
17/08/2025
Fiestas

Última oportunidad para disfrutar de una de las mayores fiestas vikingas del norte de Portugal

Vila Nova de Cerveira ha instalado el mayor campamento vikingo de su historia. Planazo para este domingo en Portugal

PorAlfredo Teja
16/08/2025
Foto: Turismo Rías Baixas
Qué hacer

Tui descubre sus secretos con su última visita guiada del verano

Tui ofrecerá una visita guiada para mostrar un ejemplo único del barroco portugués en Galicia. No te pierdas este planazo de verano

PorMetropolitano
16/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X