O festival Revenidas que celebrará a súa 15º edición do 17 ao 19 de agosto, pecha o seu cartel sumando a tres novas bandas, que acompañarán ás xa anunciadas Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies, Balkan Bomba, Ezetaerre, Cuarta Xusta, Glaukoma, NH3, Zoo, Steve 'n' Seagulls, Banda Xangai, Russkaja, The Dawlins, High Paw, Joan Garriga, Keltoi, Xavi Sarrià, Ayax y Prok e Auxili. Deste xeito incorpóranse á festa que a organización ten preparada para o Festival das Linguas a cumbia combativa de Tremenda Jauría, a mestizaxe mediterránea de El Diluvi e a música comprometida e enérxica Dakidarría.
Tremenda Jauría vén dende o corazón de Madrid con ganas de romper esquemas e cadeiras. Cunha boa batería de sonoridades tropicais, a banda fai seus ritmos como a cumbia, reggaetón, merengue e moombahtón, un cóctel festivo que se une a un discurso xenuinamente combativo.
El Diluvi defínese como un grupo de folk moderno que fusiona varios estilos musicais, como cumbia, reggae, rumba, folk e música tradicional valenciana, con instrumentos tradicionais da zona mediterránea coma o violín, a guitarra clásica, a bandurria, o acordeón diatónico, o “guitarró” e percusións de todo tipo, creando así un novo estilo ao que chaman “mestizaxe mediterránea”.
Dakidarría é unha banda galega formada por oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indiferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso. Durante este tempo presentaron o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e parte de Europa (ademais dunha xira que os levou a percorrer a República Mexicana) actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación. Actualmente o grupo atópase inmerso na presentación do seu novo traballo coa xira "Filosofía incendiaria Tour".
A organización, que non descarta algunha “incorporación sorpesa” durante as próximas semanas, está actualmente artellando unha programación cun potente contido cultural galego que abrangue diversas disciplinas, e sempre vencellado ás tradicións. Ademais, o Revenidas aposta por unha combinación de espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que inclúe ás máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas do panorama actual.
O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades que vencellen a vila e o evento, co que colaboran o Concello de Vilagarcía de Arousa, A Deputación de Pontevedra a través do seu circuíto #RíasBaixasFests e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), por medio da súa marca Fest Galicia.
Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2018 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 35 € a través da páxina web do festival.
Covelo acogerá un maratón de cine y documentales de aquí a que acabe el año. Estas son todas las proyecciones que ofrecerá gratis
La Navidad llega a la frontera entre Galicia y Portugal con varios eventos top. Así serán sus decoraciones y encendidos esta semana
Un mercadillo solidario en favor de uno de los comedores sociales de Vigo. Ofrecerá productos artesanos y "buena energía"
La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL