O Festival Revenidas, que se celebrará os próximos 9, 10, 11 e 12 de setembro en Vilaxoán de Arousa, recupera os seus Concertos a bordo logo de dous anos de parón. Os asistentes poderán de novo vivir esta experiencia marítima única pola Ría de Arousa a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional na que poderán gozar de música ao vivo e dunha exclusiva degustación gastronómica de produtos 100% galegos.
Concertos a bordo, que se converteu nunha das experiencias turísticas máis reclamadas do festival, é perfecta para gozar en familia -grandes e pequenos- e contará con tres saídas o sábado 11 e outras tres o domingo 12 dende o porto de Vilaxoán. O aforo máximo será de 10 persoas e cumpriranse con todas as medidas sanitarias que marca o protocolo.
En total, seis grupos subirán a bordo do Chasula para facer a súa música en vivo: o sábado, estarán Pauliña, Dakidarría (intimísimo), e Xiana e Andrea, da Banda da Loba. O domingo, será a quenda de Jásper e Nébeda, Sofía Espiñeira e Leo e Arremecaghoná.
Ademais de música ao vivo e diversas propostas gastronómicas, os que suban ao Chasula aprenderán curiosidades da cultura mariñeira. As entradas para asistir poderán adquirirse, a partir deste venres ás 12:00h., na web do festival (premer aquí) a un prezo de 20 euros máis gastos de xestión. Para os menores, o prezo será de 12 euros.
Covelo acogerá un maratón de cine y documentales de aquí a que acabe el año. Estas son todas las proyecciones que ofrecerá gratis
La Navidad llega a la frontera entre Galicia y Portugal con varios eventos top. Así serán sus decoraciones y encendidos esta semana
Un mercadillo solidario en favor de uno de los comedores sociales de Vigo. Ofrecerá productos artesanos y "buena energía"
La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL