• Abre Vialia on Ice
  • Nuevo local Cangas
  • Planes finde
  • Fiesta tardeo Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Cine Nigrán
  • Navidad Cerveira
  • Contratiempo Navidad Vigo
  • Nuevo hotel en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

O teatro afeccionado tamén xoga “en primeira” no concello de Tui

O teatro afeccionado tamén xoga “en primeira” no concello de Tui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Miguel AlonsoPorMiguel Alonso
02/04/2018

Tui pode gabarse de contar cun dos mellores espazos teatrais de Galicia. Polo seu teatro municipal, que este ano cumpre o seu 15 aniversario, teñen pasadas algunhas das máis importantes compañías de Galicia. Porén, en cada semana das festas de San Telmo, os grupos de teatro afeccionado súbense ao escenario para demostrar que o amador tamén goza de gran calidade artística.

A Semana de Teatro Amador cumpre este 2018 unha década. Esta iniciativa xurdiu hai dez anos co obxectivo de brindarlles aos grupos de teatro afeccionado que hai en Tui a posibilidade de actuar no Teatro Municipal de Tui nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta semana está plenamente consolidada contando cando ano co beneplácito do publico que en moitas das función completa a capacidade do teatro.

Másnoticias

El PP de Tui denuncia "irregularidades" en un contrato de conservación del antiguo Teatro Principal

El PP de Tui denuncia "irregularidades" en un contrato de conservación del antiguo Teatro Principal

19/11/2025
La Diputación impulsa 8 proyectos que serán un "revulsivo" en O Val Miñor y O Baixo Miño

La Diputación impulsa 8 proyectos que serán un "revulsivo" en O Val Miñor y O Baixo Miño

19/11/2025

A cita terá lugar do luns, 2 de abril, ao sábado, día 7, no Teatro Municipal de Tui ás 21:00 horas, salvo o sábado cando a función comezará ás 20:00 horas. Os seis grupos de teatro estrearán as súas últimas montaxes nesta programación co gallo das festas de San Telmo.

As entradas, sen numerar, poranse á venda media hora antes do comezo do espectáculo ao prezo de 1,5€.

O grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas será o luns, 2 de abril, ás 21h, o encargado de abrir esta X Semana de Teatro Amador coa estrea da obra “Os pintores non teñen recordos” de Dario Fo. Baixo a dirección de Tomás Alonso Pardo un elenco de nove actores afeccionados darán vida a esta comedia na que ao dono dun hotel de mala morte lle toca a lotería, pero a súa muller fai o inimaxinable para non ter que compartilo con el.

O martes, 3 de abril, ás 21h, o grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas estreará “Tecendo Mentiras” baixo a dirección de Nieves Rodríguez Besada. Nove actores subirán ao escenario do teatro para interpretar esta comedia na que as verdades saen pouco a pouco á luz nunha casa de ricos chea de mentiras.

Tamén en estrea chegará o mércores, 4 de abril, ás 21h “O lío que lle lían a Pío” de José Cedena, unha comedia que presentará o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis. Nove actores son dirixidos por Noelia Solla para dar vida a un restaurante cunha clientela complicada.

O xoves, 5 de abril, ás 21h, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que estreará “Aquí non se paga” de Dario Fo. Doce actores, baixo a dirección de Areta Bolado, interpretan esta comedia na que dúas mulleres inician unha revolta popular contra a suba dos prezos no supermercado.

“Descontrol hospital” de Román Sarmiento será a comedia que o venres, 6 de abril, ás 21h estreará o grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Doce actores interpretan a traballadores e pacientes dun hospital inmerso nun total descontrol. A obra está dirixida por José Soares.

Pechará esta X Semana de Teatro Afeccionado o grupo Atalaia do Centro Sociocomuntario de Tui o sábado, 7 de abril, ás 20h coa comedia “Teño un tolo na casa” de Raimundo Francés. Miguel Ángel Pérez Blanco dirixe ao elenco formado por seis actores e actrices afeccionados que nos achegan en clave de humor as ocorrencias de Amalia, para facer fronte á crise económica que ela e o seu marido, policía xubilado, teñen que facer fronte tras o divorcio da súa filla.

X Semana de Teatro Amador. Do 2 ao 7 de abril.

• Luns 2 ás 21.00 h
o Grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas con “Os pintores non teñen recordos”. 90 minutos.
• Martes 3 ás 21.00 h
o Grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas con “Tecendo mentiras”. 73 minutos.
• Mércores 4 ás 21.00 h
o Grupo Aloia Teatro da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con “O lío que lle lían a Pío”. 60 minutos.
• Xoves 5 ás 21.00 h
o Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con “Aquí non se paga”. 65 minutos.
• Venres 6 ás 21.00 h
o Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con “Descontrol hospital”. 80 minutos.
• Sábado 7 ás 20.00 h
o Grupo de Teatro Atalaia do voluntariado do Centro Sociocomunitario de Tui con “Teño un tolo na casa”. 70 minutos.

Venda de entradas, sen numerar, ao prezo de 1,5€ dende hora e media antes do comezo da función. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao teatro.

Temas: O Baixo MiñoSan TelmoSan Telmo 2018semana do teatro afeccionado de Tuiteatro amadorTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vialia On Ice, Navidad de Bouzas, planes gastro y mercadillos este finde en Vigo y su área
Qué hacer

Vialia On Ice, Navidad de Bouzas, planes gastro y mercadillos este finde en Vigo y su área

¿Aún no tienes plan para este fin de semana? Descubre qué hacer estos días en Vigo y su área, mucha Navidad, comida y más

PorSara Rodríguez
21/11/2025
Nigrán estrena su gran ciclo de cine familiar gratis este sábado con un clásico infantil
Qué hacer

Nigrán ofrece este sábado una sesión gratuita de cine para toda la familia

Sigue adelante el ciclo de cine familiar de Nigrán. Esta es la película que se podrá ver gratis este sábado sábado en el cine de A Ramallosa

PorPaula Carballo
21/11/2025
Papá Noel se muda oficialmente a Vigo y abrirá las puertas de su casa todos los días
Qué hacer

Papá Noel se muda oficialmente a Vigo y abrirá las puertas de su casa todos los días

Papá Noel se muda oficialmente a Vigo y abre las puertas de su casa. Así serán las visitas a su cabaña durante la Navidad

PorAlfredo Teja
21/11/2025
El tardeo se afianza en Vigo con un fiestón con los grandes éxitos de la música disco para arrancar el 2026
Espectáculos

El tardeo se afianza en Vigo con un fiestón con los grandes éxitos de la música disco para arrancar el 2026

Vigo inicia la cuenta atrás para acoger este espectacular musical que tiene como gran protagonistas los éxitos de la música disco

PorMiguel Alonso
21/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X