O Teatro do Noroeste representa en Vigo a súa obra "Estado de graza"

Publicidad

Afundación acollerá este xoves no Teatro García Barbón a obra de teatro "Estado de graza" este xoves 22 de novembro ás 20:30 horas.

A obra presenta a difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai, dominada polas crenzas relixionas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración sumida na beatería máis contumaz e a seguinte, que ten a liberdade por bandeira, crea un forte un conflito. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardofranquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

A representación de "Estado de graza" forma parte da Tempada de Abonos do Teatro García Barbón. Os interesados en acudir ao espectáculo de Teatro do Noroeste deben mercar as súas entradas na plataforma de Ataquilla dende 6.30 euros.

Salir de la versión móvil