O tren da ilusión amosa de balde os encantos de Ponteareas

Publicidad

O tren da ilusión volve a Ponteareas para percorrer o centro urbano e novas parroquias. Totalmente de balde, viaxará polo municipio do Condado para descubrir algúns dos nosos lugares máis fermosos.

Este sábado día 4 e o luns día 6 partirá dende a rúa Rogelio Groba e dende a Praza Bugallal para pasear a toda e a todos os que queiran coñecer os puntos de máis interese histórico e patrimonial do centro urbano. Ante o éxito do ano pasado o tren da ilusión volverá ao rural ampliando as súas estacións a novas parroquias. En Arcos, Angoares, Arnoso, Bugarín, Cristiñade, Fontenla, Moreira, Nogueira, Pías, Prado, Ribadetea e San Mateo terán o seu día máxico subidos no tren da ilusión.

A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que o tren partirá da rúa Rogelio Bravo o sábado día 4 ás 12:30, 13:00 e 13:30 horas e da praza Bugallal ás 17:00, 17:30, 18:00 e 18:30 horas. O luns día 6 sairá da praza Bugallal ás 12:30, 13:00 e 13:30 horas.

Horarios e puntos nas parroquias

Arcos, sábado ás 10h na casa cultural

Fontenla, sábado ás 10:15h na casa cultural

San Mateo, ás 11h na casa cultural

Angoares, sábado ás 11:45h na igrexa

Ribadetea, sábado ás 16h na casa cultural

Bugarín, luns ás 10h na casa cultural

Prado, luns ás 10:45h na casa cultural

Pías, luns ás 11:30h na igrexa

Arnoso, luns ás 16h no centro cultural

Cristiñade, luns ás 16:45h na casa cultural

Moreira, luns ás 17:30h na casa cultural

Nogueira, ás 18:15h no teleclub

Salir de la versión móvil