A terceira edición do Varadero Fest é a sua consagración como festival de música de vangarda no verán galego. Nesta ocasión o Parque de San Bartolomeu, de Moaña, acollerá dous días de festival, o venres 8 e o sábado 9 de xullo.
Mantense o esmero na diferenciación da proposta musical, e aumenta o nivel dos artistas; ó tempo que se tenden pontes e derruban fronteiras disciplinares propiciando un lugar, e tempo, de converxencia.
O venres 8, abren o festival as agrupacións da Escola de Música de Moaña cunha interpretación instrumental innovadora. A continuación estrea o escenario o dj moañés Sebastian Black (Chalana Club), cunha sesión que servirá de transición entre a composición orquestal e o concerto posterior, que será Dl Blando, artista de referencia na escena urbana e o trap galego. O peche será o dj set de Mwëslee, dj e productor de vangarda e traxectoria internacional (Arkestra).
O sábado 9, comezarase cunha exhibición de Boombox, escola de danza de Cangas. Despois actuará Andrae Durden, artista galega afincada en Valencia. Un dos momentos máis esperados será o show de Skydrvg, proposta icónica e referente da escena trap española. Continuarase cun dj set de Von Di, dj, productora e promotora de Lisboa; e pechará o festival Drea, unha das djs do momento a nivel estatal, residente en Fuego Razzmatazz (Barcelona) e Antidoto Club (Madrid).
O entorno privilexiado e a proposta artística irrepetible da terceira edición do Varadero Fest, fan que Moaña sexa unha das paradas obrigatorias de este verán.
No mesmo entorno que segue abrumando a quenes se achegan por primeira vez, a Ensenada de Meira posibilítanos ese lugar de encontro, a varada necesaria, o momento de pausa, de sentir e coidarse.
Unha terceira edición, por fin sen ataduras, na que o Varadero Fest vai seguir coidando de nós, coma sempre, por dentro e por fora. A importancia de sacar as embarcacións do seu elemento é poder revisalas e cuidalas. Cando o mar se retira, espidas, pousadas sobre a area, teñen algo hipnótico, unha lóxica delicada.
Non importan os remendos dos cascos, os descunchados multicores da pintura, as mans de patente, os tamaños, os oficios ou as artes de pesca; todas son fermosas, diferentes e teñen cabida. É momento de solearse e celebrar. Brincar, bailar e compartir anécdotas dos mares do mundo que son un. Brindar alto e forte, tamén por aqueles cos que compartimos algunhas etapas. Vivamos novas experiencias coas que construir recordos que poidamos levar a outros portos.
Tui acogerá en el último fin de semana de septiembre el Terrordáns, una ruta nocturna con algún que otro susto
La discoteca Ramallosa 2000 acogerá el evento "Lo Perreo", con un conocido artista del reggaeton y varios djs durante varias horas
El ciclo de conciertos Directos Vibra Mahou arranca el viernes en Vigo con la actuación de Neverland Bari y Javier Lago en la Sala Supersonic
Galicia acoge más de una decena de fiestas gastronómicas esta segunda quincena de septiembre. ¡Descúbrelas aquí!
Un "escape room", una caminata sobre Castelao o ciencia en los bares, descubre todo lo que puedes hacer por la G-Night
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL