A obra mestra de François Ozon, ‘Frantz’, chega a Tomiño

Publicidad

O vindeiro xoves 14 de decembro o cineclub Poleiro proxectará no auditorio de Goián ás 21.30 horas ‘Franzt’, considerada como o mellor traballo do director galo François Ozon.

Trátase dunha película pacifista sobre a culpa e a relación entre vencedores e vencidos no final da I Guerra Mundial na que Ozon desprega un inesgotable arsenal de ferramentas estilísticas e narrativas que imprimen ao filme unha gran forza visual, xogando co banco e negro e coa cor.

Nomeada ao Premio do Cine Europeo e gañadora do César á mellor fotografía, o director consegue ocultar baixo unha aparencia de sobriedade un torrente de artificios formais e narrativos.

A película ten como escenario unha pequena cidade alemá pouco tempo despois da I Guerra Mundial. Anna vai todos os días a visitar a tumba do seu prometido, Frantz, caído durante a guerra en Francia. Un día, Adrien, un misterioso mozo francés, tamén deixa flores na tumba. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nunha contorna marcada pola derrota de Alemaña.

Por outra banda, o vindeiro 11 de xaneiro o cineclub Poleiro proxectará o filme ‘O viaxeiro’, do director iraní Asghar Farhadi e gañadora do Óscar, do National Board of Review e do Satellite Awards á Mellor Película de Fala non Inglesa.

Salir de la versión móvil