Ocio e compras nocturnas viaxan da man en Redondela

Publicidad

Ocio e compras viaxarán xuntos un ano máis na noite redondelá coa celebración do Festival Internacional de Artistas de Rúa e a Noite de Compras o vindeiro venres, 4 de agosto.

A noite de compras trátase dunha iniciativa do comercio local, agrupado en centro comercial aberto, na que participarán case medio centenar de comercios que buscan apurar a última parte da campaña de rebaixas “minimizando os excedentes grazas aos espectaculares descontos”, segundo apuntan dende a Asociación de Empresarios de Redondela.

O horario previsto da iniciativa contempla a apertura até a medianoite pero, pola experiencia dos últimos anos, as aperturas comerciais acostuman estenderse ata as dúas ou tres da madrugada.

Que a troula non pare cos artistas de rúa

De xeito paralelo, e co gallo de animar as rúas nunha noite de ocio estival, a apertura nocturna, ademais de contar con diferentes promocións e sorteos especiais, irá acompañada do Festival Internacional de Artistas de Rúa.

Na tarde do venres e do sábado, 10 variados espectáculos de música, teatro ou maxia irán aparecendo nas diferentes rúas e prazas.

O venres, e como novidade, “A tropa do doutor Milagres” estrearase na Alameda de Chapela ás 12:30 horas. Xa na tarde, desprazaranse ao centro da vila para de xeito itinerante xunto a Juste Kamishibai, que tamén percorrerán todas a rúas de Redondela dende as oito da tarde.

Ás 21:45 horas, a praza da Constitución acollerá a actuación do Mago Richard, ás 22:00 horas “Los Alcántrara” chegarán á Praza de Ponteareas e ás 23:00 horas o escenario da Casa da Torre acollerá a actuación dos vigueses “Abmiran Quartet”. Esta última, trátase dunha das actuacións máis esperadas, xa que tras o seu paso polo talent show televisivo “Got Talent”, os vigueses puxeron de actualidade o emprego da marimba para combinar música clásica e humor.

O sábado, a animación na rúa seguriá coas compañías “Capitán Garfo”, “Míster Estrómboli”, “O Virabay”, “A Ensemble musical” e o espectáculo “Pomper”.

Que comercios participan na "Noite de Compras"

Na "Noite de Compras" de Redondela participan preto de medio centener de negocios que van dende xoierías até librerías, pasando por tendas de roupa ou gastronómicas.

Salir de la versión móvil