Como vén sendo tradicional, o segundo domingo do mes de xuño celebrarase o curro de Mougás, que na edición deste ano prevé reunir un total de 400 bestas e 120 poldros. Despois das rapas da Valga e Torroña, esta é a terceira e última cita de primavera no concello de Oia.
A partir das 9:00 horas deste domingo día 12 comezarase a xuntar os cabalos para conducilos ata o recinto do curro de Mougás, a onde chegarán sobre as 12:00. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, desenvolveranse as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.
A xornada, gratuíta para o público asistente, transcorrerá no seu tradicional ambiente festivo, tal e como vén sendo habitual todos os anos a excepción dos momentos nos que as restricións pola COVID-19 obrigaron a celebrar estas rapas das bestas sen público.
Despois dos curros da Valga (8 de maio), Torroña (5 de xuño), e Mougás (12 de xuño), no verán celebraranse os denominados “curros das moscas”.
Organizan un rastrexo en uno de los paraísos naturales de Galicia, una actividad que culminará degustando una deliciosa queimada
El trío cómico de Javier Veiga, David Amor y Rober Bodegas llegarán el 27 de diciembre a Vigo con su esperado espectáculo ESFÍNTER 5
La Motohalloween se celebrará el 26 de octubre y hará una ruta por las carreteras de Vigo con los disfraces más terroríficos
El norte de Portugal acoge una iniciativa pensada en el bienestar. Habrá masajes, servicio de estética y música medicinal
Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL