Os bares de Mos énchense de risas e despídense do machismo

Publicidad

Ao longo do presente mes de novembro e con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o día 25 deste mes, Mos acolle en diferentes locais do municipio o monólogo sobre igualdade titulado ‘Ler o prospecto antes de …’ a cargo do artista Hermen&Gildo con entrada libre ata completar o aforo.

Nos locais nos que se realizarán os monólogos repartiranse ademais uns posavasos co lema da iniciativa, ‘Espazo libre de machismo’, co obxectivo de que os bares mosenses sexan lugares nos que non se produzan conductas, comentarios ou situacións machistas.

O ciclo comezará o vindeiro venres 8 de novembro ás 22.00 horas no local de San Franco en Dornelas. O sábado día 9 haberá dous pases, un ás 13.00 horas na Tapería Lano en Pereiras e outro ás 21.00 horas en O Cabaliño, en Guizán.

O venres 15 de novembro a cafetería do Centro Dotacional de Torroso será o escenario deste espectáculo de prevención e concienciación ás 20.30 horas. O sábado 16 ás 22.00 horas será a quenda de Barmando en San Eleuterio, e o domingo 17 pase matinal e vespertino en La Reina (Petelos) ás 13.00 horas e en Casa Paz na Estrada Nacional 550 na parroquia de Mos ás 16.00 horas, respectivamente.

Ao Bar Maceira, en Sanguiñeda, chegará o venres 22 de novembro ás 21.00. O sábado día 23 ás 22.00 horas haberá pase en La Cabaña de Guerri en Louredo. O venres 29 Hermen&Gildo actuará ás 20.30 horas no Bar San Franco (Soriano) de Dornelas e ás 22.30 horas en O Angar en Peinador. O ciclo rematará o sábado 30 ás 22.00 horas en O Alternativo en Sanguiñeda.

Esta actividade, organizada polo Concello de Mos (a través do CIM), enmarcase dentro do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre a Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, da Secretaría Xeral da Igualdade, quen a subvenciona en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. Foi presentada hoxe en Casa Paz pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o monologuista Hermen&Gildo e diferentes membros do goberno municipal.

Salir de la versión móvil