Os días 6 e 7 de outubro celébrase a nova extensión do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en Vigo. Nicho de Elche + Los Voluble, Baiuca, Jófríður Ákadóttir, Castello Branco, Vudú, 16 mm, Viktor Flores DJ, DUAS, Sunset Rollercoaster e María del Mar Blanco Moreno son os artistas que darán concertos no Museo do Mar de Galicia e nos estaleiros Freire e Cardama. Unha proposta que combina o diurno e o nocturno, cunha parte gratuíta e outra de pago, con obradoiros, actividades e propostas gastronómicas nos xardíns do museo. Desde as 13:00 até as 18:00 o programa é gratuíto até completar aforo con concerto didático de DUAS, talleres de Juanma Lodo e Sistema Lupo e as actuacións de Vudú, Sesión DJ con Viktor Flores (Sinsal /Certain Music) e dos taiwaneses Sunset Rollercoaster.
A partir das 18:00, comezan os catro concertos de pago tamén no Museo do Mar con 16mm, a proposta do thereminista Paulo Pascual e a chelista Macarena Montesinos ao redor do cinema de Segundo de Chomón; JFDR String Quartet, proxecto persoal da islandesa Jófríður Ákadóttir, acompañada nesta ocasión polo cuarteto de corda formado por María José Pámpano, Carmen Gallego (violíns), Margarida Mariño (chelo) e Aida Álvarez (viola); Baiuca, o proxecto electrónico que bebe do tradicional emprendido por Alex Casanova e, para pechar a xornada, prato forte con Niño de Elche + Los Voluble co espectáculo “En el nombre de”. O ticket para os catro concertos de pago ten un prezo de 20 euros e pode adquirirse a través da web oficial do evento.
O domingo 7 dous concertos, cun aforo limitado a cen persoas cada un, ás 12:30 ambos. En Astilleros Cardama, a actuación dun dos maiores talentos da nova música de Brasil, Castello Branco (que xa ten as entradas esgotadas), e en Freire, as Variacións Goldberg de Johann Sebastian Bach da man de María del Mar Blanco Moreno, solista de clave e piano que colabora coa Orquestra Clásica de Vigo. As entradas, cun prezo de dez euros, están dispoñibles na web do festival.
13:00. Concerto didáctico “Raíces”. DUAS. Escenario xardín
DUAS dá nome ao conxunto formado polas dúas percusionistas galegas, Marta Rodríguez Figueiredo (Ourense, 1988) e Sabela Caridad García (Sada, 1988). Ambas estudaron baixo a docencia do percusionista Alejandro Sanz, pero non se coñeceron até o ano 2005, no que coincidiron por vez primeira nun encontro da Orquestra Moza da Sinfónica de Galicia (JOSG). RAÍCES é o segundo espectáculo didáctico orixinal creado por DUAS, con versión reducida para dous percusionistas. Nel coñeceremos algúns dos instrumentos de percusión e cancións tradicionais africanas. A través da percusión e o canto introducirémonos nas raíces do continente veciño.
14.00. Vudú. Escenario xardín
Vudú é unha proposta do dúo formado por Belém Tajes (voz e teclados), cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha (baixo), ambas radicadas na Coruña. Mesturan sen pudor o soul e o folk, dando lugar ao que elas chaman, en clave de humor, soulk. Artistas que citan como fonte de inspiración? Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz, Erykah Badu, Nik West, Stevie Wonder…Gañadoras do Premio Martín Códax da Música Galega 2017 na categoría Soul/ Funk/ Blues, Vudú acaba de publicar o seu último traballo, Eu son Voodoo Vol. II, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego con harmonías da música negra.
15:00. Sesión musical co DJ Viktor Flores (Sinsal /Certain Music). Escenario xardín
Máis de vinte anos desde que se converteu no DJ residente da sala Vademecum en Vigo e máis de quince desde que foi seleccionado como único artista español na Red Bull Music Academy que se celebrou en Cidade do Cabo. O vigués Viktor Flores leva moitos quilómetros percorridos e ducias de escenarios. Nas súas sesións de club, os sons House e Disco son protagonistas, pero tamén vira cara apuntamentos de Pop Electrónico, New Wave, Afro e Italo-Disco ou sons tropicais. Foi tamén un dos membros fundadores do colectivo Sinsalaudio.
16:30. Sunset Rollercoaster. Escenario xardín
A banda taiwanesa Sunset Rollercoaster (logrou) vén de conquistar unha escena musical independente continental que, aínda que en occidente continúa esquecida, segue sumando máis e máis artistas procedentes de Corea do Sur, Taiwán, Indonesia, Vietnam, Filipinas, China, etc. O seu álbum debut, "Bossa Nova", publicouse en 2011 e recibiu rapidamente eloxios da crítica. Desde entón, Sunset Rollercoaster lanzou o seu segundo álbum "Cassa Nova" en 2018, que permitiu abrir novos plans de xira en varias cidades de Asia, a súa segunda cita por América do Norte e a visita por primeira vez a Europa e América do Sur. Os responsables desta fórmula “easy listening” ou “pop vintage” son o cantante, guitarrista e compositor Kuo Hung Tseng, o baixista Hung Li Chen, o tecladista Shao Hsuan Wang, o baterista Tsun Lung O e o percusionista Hao Chia Chang.
18:00. 16 mm. Escenario Mar
16 mm é o proxecto no que Macarena Montesinos (violonchelo) e Paulo Pascual (theremin) traballan na “musicalización” (composición, interpretación, improvisación, etc.) do cinema ao vivo. Nun momento en que o cinema se trataba de inventar, o pioneiro Segundo de Chomón pensou no cinema como unha ferramenta para contar algo máis que a realidade, e atopou o espazo onde dar vida a historias fantásticas. Nacido en Teruel e contemporáneo de Méliès, perfeccionou a súa técnica – mesmo deseñou unha máquina para dar cor ás películas mudas–, e adiantouse con stop- motion, etc. A fantasía e enxeño visionario que destilan moitas destas pezas curtas de Chomón, son ambientadas coa música ao vivo de 16 mm: violonchelo, theremin e tecnoloxía actual para o cinema innovador de principios do século vinte.
19:30. JFDR String Quartet. Escenario SON Estrella Galicia
JFDR é o proxecto en solitario de Jófríður Ákadóttir, voz dos islandeses Samaris. Esta prolífica voz, que obsesionou a Björk, necesitaba un proxecto 100 % persoal, e con “Brazil” (2017), o seu LP de debut en solitario, alcanzou esa intimidade que non podía conquistar nas súas outras empresas: delicadas paisaxes minimalistas nas que as palabras de Jófríður destacan entre as composición electrónicas. Non só Björk quedou encantada con ela: hai uns meses, Jón Þór Birgisson de Sigur Rós incluíu "White Ferrari", o seu cover de Frank Ocean, nunha selección de música islandesa que armou para a BBC. Boa parte do ano pasado estivo instalada en Nova York e percorreu Europa, onde terminou o seu circuíto cunha xira por Inglaterra. Para este concerto en Sinsal SON Estrella Galicia colabora co cuarteto de corda formado por María José Pámpano, Carmen Gallego (violíns), Margarida Mariño (violonchelo) e Aida Álvarez (viola).
21:00. Baiuca. Escenario Mar
Baiuca é un proxecto persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións. Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun synth pop realmente brillante, conxugando hedonismo 80s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. Todo iso quedou reflectido en “Antagonasia” (Crispis, 2014). Na música de Baiuca atopamos elementos reconocibles de músicos como Carlos Núñez – especialmente as frautas-, Mercedes Peón, Xosé Lois Romero ou Milladoiro, pero tamén propostas electrónicas como as de Nicola Cruz ou Chancha Vía Circuíto.
22:30. “En el nombre de”. Niño de Elche + Los Voluble. Escenario SON Estrella Galicia
Niño de Elche e Los Voluble propoñen, pensan e fan xuntos desde 2015 os espectáculos audiovisuais titulados “Raverdial” e “En el nombre de”. Unha das voces flamencas con máis risco no poético, no político e no estético e cunha aposta firme pola investigación en músicas e escenas afastadas do folclore máis tradicional, Niño de Elche, comparte aventura cos Voluble, francotirador dúo DJ/ VJ que vén facendo ruído desde mediados dos 90. Estreado en 2016 dentro do Festival Sónar este proxecto de Niño de Elche e Los Voluble é un espectáculo audiovisual no que o dúo audiovisual de Sevilla e o cantaor ex-flamenco Niño de Elche desenvolven e amplían a súa artillería sonora, política e visual que xa apuntaran co mítico Raverdial. O discurso deste espectáculo, no que se acompañan da zanfona de Raúl Cantizano e as bases e ruídos de Pablo Peña (Fiera e Pony Bravo), é sobre as fronteiras, as físicas e as internas. Asumindo a fronteira sur de Europa como unha das grandes desgrazas do mundo actual toma o mar mediterráneo como centro de intercambio cultural e de aí son capaces de utilizar os chamados cantes de ida e volta e os sons de África e América. O mar como un cemiterio dá paso tamén á idea dos corpos en tránsito. Ademais de poemas e letras populares do flamenco este espectáculo utiliza textos inéditos de Paul B. Preciado, filósofo queer e activista. Grazas a ferramentas como o sampling, a remestura audiovisual, as caixas de ritmos ou os efectos, Niño de Elche e Los Voluble poñen sobre o escenario un discurso no que o fronteirizo xoga cos seus propios límites.
13:30. Sesións Do, Re, Bip, con Juanma Lodo.
Sesións Bip con Juanma LoDo é unha actividade didáctica que nace dentro dos concertos didácticos Do, Re, Bip comisariados por Sinsalaudio no Museo MAC de A Coruña .Durante as sesións hai unha pequena introdución á música dixital coa que se explica de maneira breve o uso de cada instrumento electrónico. O público divírtese e aprende conceptos básicos sobre la produción musical dixital mediante a manipulación de instrumentos electrónicos. Aprender que é un sintetizador, unha caixa de ritmos, un sampler, un loop, os bpm, os efectos de son… e até facer música usando froitas.
14:30 e 16:30. Sistema Lupo. Obradoiros “Tipos lóxicos no Museo do Mar de Galicia”
Sistema Lupo propón unha serie de obradoiros de arquitectura e deseño para gozar en familia. Os obradoiros traballan sobre diferentes aspectos do proceso creativo a través do proxecto arquitectónico. Dada a peculiaridade do lugar, parte da didáctica estará centrada na arquitectura do Museo do Mar, obra dos arquitectos Aldo Rossi e César Portela, quen a través da arquitectura crearon unha obra que dialoga coa contorna, coas illas, co mar e coa xente. Analizaremos a esencia dun proxecto cheo de significantes e trataremos de construílo e reinterpretalo a través do xogo de bloques. Fiestras ao mar: desafíos para resolver retos a través do xogo. Despregaremos diferentes materiais de construción para xogar nunha contorna fantástica onde a arquitectura dialoga coa paisaxe; módulos, xeometría, tipoloxía, escala, música…E moito traballo en equipo, vinde a gozar con estes tipos lóxicos que son uns auténticos tolos dos bloques! Traballaremos co propio edificio, coa seriación, as fachadas, os volumes, abriremos fiestras ao mar e ao festival.
17:00. Visita guiada ao Museo do Mar de Galicia e a súa colección. Inscrición previa. Aforo limitado: 40 persoas.
É do teu interese: Así é a experiencia do Festival Sinsal
Concertos con entrada:
12:30. Castello Branco. Astilleros Cardama
Castello Branco é un dos maiores talentos da súa xeración en Brasil. Coa lección ben aprendida na música tradicional brasileira e achegando a dose adecuada de curiosidade e espiritualidade Branco asinou un disco de debut, “Serviço” que deixou sen respiro desde a primeira escoita. Regresa cun novo disco, “Sintoma”, que segue o ronsel do seu anterior traballo e que o converte nunha realidade dentro da nova escena no seu país. Castello Branco non disimula as súas raíces, pero sabe vestilas de maneira adecuada para non soar a algo recoñecible. Hai moita beleza nas súas composicións, moitos pequenos detalles en cada recuncho que converten as súas cancións en instantes cheos de felicidade e nostalxia. Branco ten unha facilidade esmagadora para encadear melodías con delicados sons e ese toque que os músicos brasileiros saben achegar ás súas composicións.
12:30. María del Mar Blanco Moreno interpreta as Variacións Goldberg de Johann Sebastian Bach. Construcciones Navales Freire
En colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo. María del Mar Blanco Moreno é actualmente profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo e compaxina a docencia coa actividade concertística, tanto ao piano como no clave, tocando en grupos de música de cámara e realizando estreas de música contemporánea. Nacida en Madrid en 1981, comeza os seus estudos musicais aos 11 anos de maneira autodidacta. Aos 16 ingresa no Conservatorio Adolfo Salazar onde estuda piano con Eva Alcázar e Música de Cámara con Aníbal Bañados, titulándose 3 anos despois como profesora de Piano, Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento. Como complemento á súa formación, licénciase en Historia e Ciencias da Música na Universidade de Salamanca.Tamén é Titulada Superior en Clave polo Conservatorio Superior de Castela e León onde estudou con Pilar Montoya e baixo continuo con Saskia Roures e Carmen Leoni.
Un municipio gallego celebra una gran fiesta previa a Fin de Año con actuaciones de la París de Noia, de parte de la orquesta Panorama y diversos djs
La banda Korn ha anunciado que estará en el Resurrection Fest 2025, que pondrá el viernes a la venta las entradas
El Concello de O Porriño ya ha puesto fecha al encendido de sus luces de Navidad. Así será el acto que iluminará las calles del municipio
Caballero recupera los actos protesta como los que se organizaron para defender el aeropuerto de Vigo. Así será el concierto reivindicativo de la Porta do Sol
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL