Os namorados danse cita esta "finde" no I Salón de Vodas de Ponteareas

Publicidad

Este domingo, 18 de marzos, o Pavillón Municipal Álvaro Pino acolle o I Salón de Vodas, Bautizos e Comunións de Ponteareas. Organizado por Banastra, coa colaboración coa Federación de Comercio, Hostalería, Praza de Abastos e Servizos e o Concello de Ponteareas, o salón abrirá as súas portas dende as 11:00 e até as 20:00 horas.

En total, os visitantes poderán coñecer a oferta de en torno 30 postos que van dende fotógrafos, personal wedding, modistas, floristas e decenas de profesionais que amosarán as súas propostas e descubrirán as últimas tendencias na organización e celebración deste tipo de eventos.

Toda a información sobre caterings, animación infantil, menús de vodas, estética, moda para noivas e noivos, os últimos deseños de roupa e calzado para bautizos e comunións ou a moda infantil e de adulto estará dispoñible nesta salón.

Amais, no decorrer do evento haberá tres desfiles de moda, exhibicións de baile e sorpresas para todos aqueles que desexen pasar o domingo descubrindo o complexo mundo dunha celebración deste tipo.

A concelleira de Comercio, Inés Vidal, felicita aos organizadores e insiste na necesidade de seguir esta liña de traballo ofrecendo eventos e actividades diferentes nas que tanto a veciñanza de Ponteareas como a do resto de concellos da área metropolitana atopen solucións as súas necesidades sen ter que realizar grandes desprazamentos. “O comercio e a hostalería de Ponteareas ten a capacidade de ofrecer ás familias todo o que poidan precisar no seu día a día. Traballamos para ser competitivos, eficaces e resolutivos", asegura.

Salir de la versión móvil