No caso de Cangas, o Concello organiza este ano unha “cabalgata sorprendente con maiores carrozas e moi vistosa”, segundo apunta o concelleiro de Cultura, Héitor Mera. A comitiva real arrancará ás 18:00 horas do Pavillón da Compañía de María, para seguir pola avenida de Vigo e chegar á rotonda dos Mexilóns, onde as tres carrozas reais se unirán ao resto da comitiva e comezarán a súa ruta tradicional até o Casa do Concello.
Xunto as carrozas reais, que chegan aos nove metros, participan tamén as asociacións de nais e pais de alumnos dos colexios de Nazaret e Compañía de María, ademais de traballadores de Correos, encargados de facilitar o transporte das cartas reais. Ao longo do percorrido haberá tamén referencias ao mundo dos piratas, no 400º aniversario do saqueo turco de Cangas.
Mais dun centenar de persoas participarán nunha Cabalgata para a que o Concello garda con segredo a temática e decoración da comitiva, aínda que promete “sorpresas e animación” ao longo do percorrido. No referido aos caramelos, serán 600 os quilos repartidos.
A Cabalgata en Moaña sairá ás 18:00 horas dende o peirao de A Mosqueira, na contorna da nave deportiva do club de remo de Tirán. O final do percorrido trasladouse por mor da posible choiva ao pavillón de Reibón, onde haberá actividades infantís coma inchables, música e onde a rapazada poderá montar en cabalos reais. Os Reis Magos irán en carrozas con temáticas diferentes. Baltasar irá nunha adaptación dun camelo, Melchor nunha carroza de motivos de cores e un cabalo prateado mentres que Gaspar saudará aos nenos e nenas de Moaña rodeado de trasgos.
Durante o traxecto polas calles de Moaña, os Reis Magos e os seus paxes reais repartirán sobre 700 quilos de caramelos, "todos eles sen glute", segundo explicou a Metropolitano.gal o concelleiro de Cultura, Salvador Meira. Na comitiva real tamén participarán 12 cabalos da Asociación ADOC, un vehículo clásico e unhas 50 persoas de tódalas idades de Moaña Patina.
En Bueu, a comitiva real sairá ás 18:00 horas dende a zona da Pescadoira, irá por Montero Ríos ata Francisco Escáneo (pista da Banda do Río), dende onde se incorporará á rúa Pazos Fontenla para seguir ata o cruce con Johán Carballeira, onde dobrará para rematar na carpa en As Lagoas. Despois de recibir aos cativos, as súas Maxestades Reais despediranse cun gran espectáculo pirotécnico.
Happy Vintage y Vioncas Bake organiza un mercadillo navideño en Vigo. Tendrán ropa de segunda mano, empanadillas y música
¿Te imaginas ver en el cine dos pelis míticas como Casablanca o E.T.? Pues es posible (y gratis) en estos cines que han resurgido en Nigrán
Vigo ha desvelado su programación para el 25N. Habrá conciertos, espectáculos, proyecciones audiovisuales y jornadas formativas
La orquesta París de Noia está en el cartel de una fiesta este otoño. El público pontevedrés podrá volver a disfrutar de su espectáculo
El corto acumula ya 22 selecciones en festivales, tanto en España como en lugares tan lejanos como Guatemala, Inglaterra, India o Colombia
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL