• Novedad en Vigo
  • Rehabilitación edificio histórico
  • Pollos Muñoz Vigo
  • Navidad A Laxe
  • Encendido CC Gran Vía
  • Novedad Vialia Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Magosto Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Os roteiros literarios da Deputación arrancan cunha visita de balde polo "Vigo teatral a través do tempo"

Un vigués, indemnizado con 10.000€ tras ser incluido indebidamente en un fichero de morosos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
25/05/2022

Un itinerario dedicado ao “Vigo teatral a través do tempo” abre este próximo domingo 29 de maio a V edición dos Roteiros Literarios que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Despois de dous anos en que as rutas se adiaran ao outono pola pandemia, neste 2022 volven celebrarse en primavera, co mesmo obxectivo de dar a coñecer as cidades e vilas da man das autoras e autores que exercen de guías, tomando como base obras literarias propias ou alleas ambientadas nos diversos espazos da provincia. Serán cinco percorridos dunha hora e media de duración que terán lugar nas mañás (desde as 11.30 horas) dos domingos ata o 26 de xuño, e cun total de 125 prazas (25 por ruta). As persoas interesadas poden inscribirse no formulario dispoñible na web  da Deputación, cun máximo de dúas  rutas por persoa.

O primeiro destes roteiros polo Vigo teatral estará conducido por Ana Abad de Larriva e terá como lugar de saía da Porta do Sol, para rematar no Club Náutico. A autora amosará ás persoas participantes diversos espazos que lles achegarán a estreas, pezas, artistas e compañías que nutriron e nutren a vida cultural da urbe. Abad é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo. Doutoranda en Comunicación na Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, ademais de compaxinar o seu labor na comunicación coa creación escénica e literaria e coa docencia.

Másnoticias

Marchas en Vigo por el 25N para exigir el fin de la violencia machista

Llaman a manifestarse el 25-N en Vigo contra la violencia machista y "polas que coidan"

20/11/2025
La Navidad crece en Vigo con un mágico encendido en A Laxe repleto de ilusión y música

La Navidad crece en Vigo con un mágico encendido en A Laxe repleto de ilusión y música

20/11/2025

O seguinte percorrido terá como escenario A Estrada e leva por título “Manuel García Barros, o escenario da súa pluma insubmisa”. Será o 5 de xuño e o guiará Xoán Carlos Garrido Couceiro, coa praza do Concello como punto de partida para centrarse nos lugares de referencia do escritor e periodista estradense. Xoán Carlos Garrido é profesor, sindicalista e historiador galego. A cidade do Lérez acollerá o seguinte itinerario o 19 de xuño, baixo o título “CITA na Pontevedra de tinta e pedra”, con Elena Gallego Abad. Sairá do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) e terá como paradas edificios senlleiros e espazos vinculados á súa exitosa saga de libros, Dragal. A autora, nacida en Teruel e criada en Verín, foi xornalista en varios medios, conferenciante e articulista. O 26 de xuño Héitor Picallo guiará O Baño, unha vila de augas e de letras en Cuntis, con saída da praza das Árbores. Picallo é enxeñeiro técnico naval e ten desenvolvido numerosas actividades culturais en Galicia, así como campañas en defensa do patrimonio público (Burgas de Cuntis), do patrimonio histórico-artístico ou na defensa de diversos intelectuais coma Isaac Díaz Pardo.

Os Roteiros Literarios rematarán o 3 de xullo, xornada na que a poeta Miriam Ferradáns conducirá en Bueu o roteiro “Darse en auga. Os versos do azul”, que sairá da Biblioteca Torrente Ballester e percorrerá espazos relacionados co mar vinculados a referencias literarias de autores e autoras da vila ou deixaron nela a súa pegada gráfica.  Ferradáns, nada en Bon (Bueu) e graduada en Traballo Social pola Universidade de Vigo, compaxina o ensino con adolescentes coa literatura.

Temas: Deputación de PontevedraVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La gira de Operación Triunfo 2025 llegará a Galicia el próximo mes de abril
Qué hacer

La gira de Operación Triunfo 2025 llegará a Galicia el próximo mes de abril

Anunciado un concierto en Galicia la próxima primavera en Galicia. Los fans de OT podrán ver en directo a los concursantes de esta edición

PorMetropolitanoy1 Otros
20/11/2025
Marchas en Vigo por el 25N para exigir el fin de la violencia machista
Qué hacer

Llaman a manifestarse el 25-N en Vigo contra la violencia machista y "polas que coidan"

"Polas que coidan. Dignidade e loita" es el lema de la manifestación convocada para el 25-N por la tarde en Vigo

PorEuropa Press
20/11/2025
Estos son los precios, menús y horarios de la food truck que llega a Vigo para 'montar el pollo' por Navidad
Qué hacer

Estos son los precios, menús y horarios de la food truck que llega a Vigo para 'montar el pollo' por Navidad

Así es la food truck que estará en Vigo solo por Navidad. Consulta todas las claves para disfrutar de este pollo único en toda España

PorMetropolitano
20/11/2025
Llega al cine Imperial la película más esperada en Nigrán con proyecciones de viernes a domingo
Qué hacer

Llega al cine Imperial la película más esperada en Nigrán con proyecciones de viernes a domingo

Casi medio centenar de vecinos de Nigrán, incluido el alcalde, participaron de figurantes en la película "San Simón"

PorIván Dacal
20/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

21nov17:0019:00Magosto en Solar da Pomba en VigoMAGOSTO | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X