Os segredos dos castros galegos, ao descuberto na última "barferencia" da Guarda

Castro de Santa Trega, A Guarda // Turismo Rías Baixas

Publicidad

Última oportunidade para asistir ao ciclo de barferencias da Guarda. O relatorio “ A muralla dos castros. Modelos, reconstruccións e interpretacións” porá o peche o ciclo de bareferencias 2023 que tivo a divulgación do  patrimonio como eixo central no concello da Guarda.

A charla correrá a cargo de Luis F. López, arqueólogo responsable da recente reconstrucción na porta da muralla do castro de Santa Trega. Doutor en arqueoloxía pola Universidade Complutense de Madrid , Luis F. López é “un dos maiores expertos en arquitectura castrexa”, sinalan dende o Concello, tendo excavado en castros tan senlleiros como San Cibrán de Las, Elviña, Castromaior, Cervantes. Así mesmo, no castro de Santa Trega fora o responsable da restauración no sector de Mergelina.

No relatorio que terá lugar este venres, Luis F. López falará dos sistemas construtivos empregados nas murallas dos castros, prestando atención aos accesos como os lugares máis destacados dos castros, onde se realiza unha maior inversión construtiva, entendendo o funcionamento do acceso ao Castro de Santa Trega dentro dos modelos defensivos do mundo castrexo.

A barfererencia, que ten entrada libre, terá lugar no restaurante da Guarda, a Casa de la Abuela (Rúa Calvario, 69) o venres 2 de xuño ás 20:30 horas.

 

Salir de la versión móvil