A programación do Nadal 2021 de A Guarda trae esta semana diferentes propostas para todos os públicos con espectáculos de maxia, eventos musicais e os Trasnos de Nadal. As actividades do Nadal no concello de A Guarda comezaron o venres 10 de decembro cunha mostra creativa que se poderá ver de novo o día 24 na Praza de Abastos de 09:00 a 14:00 horas.
O primeiro evento desta semana estaba previsto que fose o Concerto de Nadal de Vento e Coro dos alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, pero por motivos sanitarios o Concerto de Nadal queda cancelado seguindo o protocolo de prevención da Covid-19.
Seguindo coa programación festiva, esta semana chegan á Guarda os Trasnos de Nadal e os paxes, a quenes se lles poderá entregar as cartas de desexos. Farán diferentes percorridos polas rúas da vila, os días 22 e 23 de decembro e 3 e 4 de xaneiro comezarán a sua andaina ás 17:00 horas na Zona da Alameda e despóis pasarán por Praza Avelino Vicente (17:45 a 18:30 horas), pola Zona Concepción Arenal (18:30 a 19:00 horas), pola esquina entre Joaquín Alonso e Vicente Sobrino (19:00 a 19:30 horas) e rematarán na rúa Galicia entre o Galo e cruce con Concepción Arenal entre as 19:30 e as 20:00 horas.
Os días 24 de decembro e 5 de xaneiro os trasnos e os paxes farán o mesmo percorrido pero pola mañá, comezarán a recoller cartas ás 11:30 horas na Zona Alameda para máis tarde pasar por Praza Avelino Vicente (12:15 a 13:00 horas), por zona Concepción Arenal (13:00 a 13:30 horas), pola esquina entre Joaquín Alonso e Vicente Sobrino (13:30 a 14:00 horas) e rematará, de novo, en rúa Galicia de 14:00 a 14:30 horas.
O mércores día 22 de decembro ás 18:00 horas a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro de Canto Moderno "Canta con Voz Propia" un evento aberto a todos os públicos e de balde organizado por Maga Voz, Cooperativa Galega. Na xornada do xoves día 23 de decembro, a maxia continuará na Guarda, na Praza de Avelino. De 16:00 a 19:00 horas terá lugar Gadalka, o espectáculo de maxia individualizada por familias a cargo do mago Dani. Trátase dun espectáculo de maxia de preto que se desenvolve dentro dunha cabina.
A próxima semana a programación de Nadal de A Guarda acollerá un contacontos coa obra "Little neno descobre a Os Beatles" (28 de decembro), o concerto "Ventos de Nadal" (29 de de decembro), a obra de teatro "Titiricircus" (30 de decembro) e un pasarrúas e a visita do Apalpador (31 de decembro).
Pódese consultar a programación de Nadal completa na páxina web do concello de A Guarda.